Martín Seco tilda de electoralista e oportunista o modificativo de crédito de catro millóns que propón o alcalde
O
grupo municipal socialista de Arteixo denuncia que o alcalde, Carlos
Calvelo, utiliza a proximidade das eleccións municipais para lembrar
o que non fixo nestes catro últimos anos. O goberno local propón
agora, cando faltan pouco máis de dous meses para os comicios,
investir catro millóns de euros en obras e infraestruturas que os
veciños veñen demandado desde o inicio do mandato.
O
portavoz socialista, Martín Seco, denuncia o oportunismo destas
propostas e tilda de electoralista ao goberno do PP, xa que tivo
durante todo o mandato esquecidos a barrios e determinados colectivos
do municipio.
Neste
sentido, o candidato do PSOE, critica que Calvelo trate de xustificar
a súa falla de compromiso con barrios como o Alto de Arteixo, sen
inversión en todo o mandato, ou prometendo, de novo, as beirarrúas
na Cachada. Así mesmo, o PP promete agora a rehabilitación da
urbanización Sol y Mar, abandonada polo goberno actual, e volverá a
gastar 120.000 euros en centros de ensino e 60.000 en sanitarios
mentres a Xunta segue a mirar para outro lado.
O
grupo socialista sinala que, aínda que algunhas das infraestruturas
plantexadas no municipio son necesarias, rechaza que o alcalde quera
facer un mitin electoral no pleno, prometendo agora un modificativo
de crédito que non deixan de ser proxectos. Ademáis, subliña que
ningún destes fondos se adiquen a servizos sociais nin ao emprego.
Martín
Seco reprocha ao goberno local a mala planificación orzamentaria, xa
que, pouco máis de dos meses despois de aprobar os presupostos,
agora plantexan un modificativo de crédito para estas obras