Martín Seco demanda ao Concello de Arteixo unhas políticas máis efectivas no eido do emprego
O
candidato socialista urxe a creación dunha Axencia de Emprego Local
e a adopción de medidas de apoio aos emprendedores
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo alerta dos malos datos que o peche do mes de febreiro
deixou no municipio no referente ao desemprego. Os socialistas
sinalan que Arteixo continúa á cabeza no número de parados da
comarca, moi por riba de outros municipos cunha poboación similar ou
superior, como Oleiros ou Culleredo.
O candidato á
Alcaldía, Martín Seco, lamenta os 3.235 veciños e veciñas que se
atopan sen traballo e demanda do Concello unhas políticas máis
efectivas neste eido para paliar a sangría de postos de traballo
perdidos desde a chegada do PP ao goberno local no 2011.
Martín Seco acusa ao
Concello de dar banzados cunhas políticas formativas e de emprego
que non resultan axeitadas para a sociedade. Nesta liña, o
socialista demanda a urxente necesidade de pór en marcha iniciativas
que alivien problema do paro no municpio. Dende o PSOE de Arteixo
urxen o concello a creación dunha Axencia Local de Emprego e un
proxecto de reindustrializacion no municipio.
Asimesmo, Martín Seco
demanda a adopción dunha política turística que xenere emprego e
de medidas de apoio aos emprendedores e creadores, que poidan
revitalizar a vida económica de Arteixo.