Martín Seco propón a creación dunha cúpula no campo da festa para a celebración de actividades no inverno e grandes eventos
O
voceiro socialista aposta por cubrir algúns dos parques infantís
tendo en conta que os meses de choiva son moitos
O
grupo municipal do PSOE de Arteixo mantivo unha reunión coa
directiva do Centro Comercial Aberto de cara a tratar os temas de
interese para o colectivo de comerciantes. Neste encontro, falouse da
necesidade de rematar o entramado urbanístico do núcleo de Arteixo
para comunicar as zonas comerciais do centro coa zona da Travesía,
próxima a Candame. Para isto, os socialistas insisten na necesidade
de sacar adiante o paralizado Plan Xeral, do mesmo xeito que adaptar
as beirarrúas, e mellorar a iluminación e o resto de servizos
básico para facilitar o paseo e as compras dos veciños.
O
candidato á Alcaldía, Martín Seco, propón diversas melloras na
dinamización comercial de Arteixo, como a creación dunha
cuberta no campo da festa,
onde poder celebrar concertos, feiras, instalacións de animación
para os nenos, festas de maiores, de fin de ano ou carnaval, entre
outras propostas.
Ademais,
de cara a mellorar a vida dos arteixáns, Martín Seco, aposta por
cubrir
os parques infantís para
que os nenos poidan disfrutalos máis días, tendo en conta que os
meses de choiva son moitos.
O
voceiro socialista demanda ao Concello de Arteixo que se implique na
celebración das festas do mes de xullo, tomando a dirección da
comisión organizadora, programando as actividades por todas as
prazas do casco do municipio, e propón que a festa se leve un día
polas parroquias a conta do Concello
As
apostas dos socialistas pasan tamén por cubrir a necesidade de
desenvolver unha política real de turismo, aproveitando as
capacidades que ten o concello como as praias, paraxes naturais,
patrimonio románico e mesmo a industria, para dinamizar o comercio e
a hostalería do concello.