Martín Seco reclama que o goberno local defenda “o futuro en paz e con calidade de vida” dos veciños de Rañobre
O
portavoz socialista propón a creación dunha oficina de atención
aos afectados polo Porto Exterior que facilite información e
asesoramento.
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo reclama a necesidade de contar cun goberno local que
defenda o futuro “en paz e con calidade de vida” para o núcleo
arteixán de Rañobre, ubicado ao carón do polígono industrial de
Sabón e do Porto Exterior.
O voceiro socialista,
Martín Seco, mantivo unha reunión cos veciños da zona e cos
representantes da Plataforma de Afectados polo Porto Exterior, onde
tivo a oportunidade de escoitar as demandas e necesidades deste
núcleo.
Neste sentido, o
candidato do PSOE ás próximas eleccións municipais propón que o
Concello cree unha oficina de atención aos afectados pola industria
e as grandes infraestruturas, que facilite aos veciños a información
e asesoramento que precisen para defenderse das agresións que sufren
pola proximidade das súas vivendas.
Martín Seco aposta
pola creación dunha pantalla vexetal no límite do núcleo
residencial co polígono, e a construcción de sendas peonís que
unan Suevos, Rañobre e Sabón. As propostas do socialista inclúen o
ensanche dos principais viais da zona e a mellora da iluminación,
así como a limitación de tonelaxe polos viais da parroquia,
atendendo desta forma ás demandas dos propios veciños e veciñas.
Por outra banda, o
voceiro socialista tomou nota das peticións dos residentes sobre a
posibilidade de que a central eléctrica ceda ao Concello o acceso á
praia de Alba e que este proceda ao seu arranxo para o uso público
de todos os arteixáns.