“Dende a chegada do señor Calvelo á Alcaldía de Arteixo, voltamos ao vello sistema caciquil de funcionamento, deixando sen funcións e presuposto ao departamento de Participación Cidadá”



Dende a chegada do Partido Popular do señor Calvelo ao goberno do Concello, Arteixo está a facer un perigoso camiño de regresión democrática, poñéndolle fin a tódolos mecanismos de participación cidadá e información pública, para voltar a utilizar o vello sistema caciquil de funcionamento que a sociedade moderna está a pedir que desapareza.

O máis que evidente peche da radio municipal, sen presuposto, sen programación, coa prohibición expresa, do ditatorial concelleiro Novo, de que falen os membros da oposición e os cidadáns deste concello, agravada pola falla de amplificación da sinal desta que fai que non chegue a maior parte dos cidadáns, e a colocación dos plenos ás nove da mañá, para que a maioría dos cidadáns non poidan acudir, ven acompañado por unha eliminación oculta do Departamento de Participación Cidadá, departamento que deixou de realizar os Consellos Veciñais e Sectoriais, para evitar que os representantes veciñais poidan expresar as súas reivindicacións e mostrar os seus problemas nun foro aberto aos representantes públicos, e a reubicación da traballadora deste departamento, que pasou a formar parte d@s traballadoras/es do Rexistro do Concello sen traballo practicamente nesta materia, e cunha partida presupuestaria que pasou dun presuposto neste tema de 25.000 euros no 2011, a 14.500 no 2012 e a 14.000 no 2013.

Dende o Grupo Municipal Socialista cremos que a aposta por introducir mecanismos de participación cidadá, posta en marcha pola concelleira socialista Doris Todoroff na lexislatura pasada, foi unha magnífica noticia para este concello, que comezou a darlle voz aos cidadáns de Arteixo por medio das súas asociacións veciñais e sectoriais, e pensamos que este traballo debería de ser continuado nesta lexislatura, apostando por incrementar os mecanismos de participación como a elaboración de presupostos participativos que involucraran ás asociacións no desenrolo das inversións deste concello, e coa creación de mecanismos para intentar involucrar aos xóvenes estudantes no vida municipal con programas de radares xuvenís nos centros educativos para saber das necesidades de inversión neste colectivo do noso concello.

Pero lonxe de avanzar neste tipo de medidas que camiñan hacia unha democracia máis real e participativa, vemos que o goberno, endiosado coa súa maioría absoluta, prefire tomar as decisións sen contar con ninguén e derrochando os cartos de todos cunha irresponsabilidade impropia duns representantes públicos.

Dende o noso Grupo Municipal preguntaremos sobre este departamento e a súa problemática no pleno deste mes de Xaneiro.
Anterior
Anterior

Moción pedindo a prórroga do PLAN PREPARA

Siguiente
Siguiente

“A falla de dirección política e a eliminación da participación cidadá, incentiva o espectáculo despilfarrador do señor Calvelo, con casos como o da Cabalgata de Reis”