“A falla de dirección política e a eliminación da participación cidadá, incentiva o espectáculo despilfarrador do señor Calvelo, con casos como o da Cabalgata de Reis”
O Grupo Municipal Socialista está fondamente
preocupado pola ausencia de dirección política en moitos dos departamentos do
noso Concello, que fai que manteñan os servizos única e exclusivamente pola
dedicación que aportan os seus traballadores, ademais temos que observar como
este goberno está a acabar, coa súa malentendida maioría absoluta, cos
mecanismos de participación que este Concello foi establecendo nos últimos
mandatos, especialmente baixo a extraordinaria xestión en participación cidadá
da Concelleira Socialista, Doris Todoroff, que durante o seu mandato estableceu
as bases para o desenrolo dos mecanismos de participación que poñan a este Concello
no século XXI da política participativa, que tanto esixe a sociedade
actualmente.
Ademais esa falla de dirección política e a
eliminación dos cauces de participación, fai que este Concello teña que
continuar cun elevado número de gastos innecesarios nos momentos de crise que
estamos a sufrir, ao non contar con voluntarios e coa participación das
asociacións de Concello, como xeito de organizar os actos que se realizan dende
o Concello
Dende o noso grupo temos informacións que
aseguran que na Cabalgata de Reis deste ano, pagouselles a algún dos
participantes para que exerceran dalgunha das persoaxes desta cabalgata o que
nos parece unha auténtica aberración, nunha celebración que sempre se organizou
coa participación desinteresada de voluntarios e de asociacións do noso
Concello e que agora pasa a ser unha mera actividade pagada, que
escandalosamente utiliza electoralmente o grupo de goberno, coa presenza dos
concelleiros do Partido Popular no interior desta como se dunha procesión de
épocas pasadas se tratase.
O noso grupo preguntará sobre este tema no
próximo pleno deste mes de Xaneiro.
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo