Moción pedindo a prórroga do PLAN PREPARA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O paro é o principal problema dos españois. 2012 pechou o ano con 426.364 parados máis e 787.240 afiliados menos á seguridade social. A actuación do goberno agrava día a día este problema e as súas consecuencias son cada vez máis negativas para os cidadáns, cada nova previsión do goberno establece un novo récord de parados.
Segundo os datos de afiliacións á Seguridade Social, pasamos de destruír 1.000 empregos ao día en 2011, a destruír 2.000 en 2012.
O paro sobe e a cobertura por desemprego baixou do 70% ao 63% cos últimos datos do mes de outubro. A reforma laboral, aprobada polo Goberno do PP, ao abaratar e facilitar o despedimento en tempos de crise, está a provocar unha sangría insoportable en termos de emprego.
En contra das recomendacións do Consello Europeo, os Presupostos Xerais do Estado significaron un recorte drástico das políticas activas de emprego, especialmente as transferencias ás CCAA, con reducións de máis de 1.700 millóns de Euros, un 54%. Estes recortes lévanse por diante as políticas de axuda aos desempregados na súa busca de emprego, pois afectan aos programas de orientación, formación e recualificación.
O Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria de fomento da competitividade acerna de forma descomunal a protección dos desempregados ao suprimir subsidios especiais para os maiores de 45 anos, ao elevar a idade de 52 a 55 anos, e ao expulsar da Renda Activa de Inserción practicamente o 90% dos seus beneficiarios. Centos de miles de desempregados veranse sen protección ningunha nos próximos meses.
As políticas do Goberno están a provocar a fractura social de España: máis paro, menos protección, menos dereitos, e contra toda recomendación comunitaria, menos políticas activas para favorecer a empleabilidade dos parados.
Neste contexto a continuidade do programa PREPARA tal como estaba concibido no Real Decreto-Lei 1/2011 é unha necesidade de primeira orde. Este programa mostrou longamente a súa eficacia e propiciou a mellora da empleabilidade de máis de 450.000 desempregados. Este programa apóiase nunha combinación de medidas activas de orientación, formación e recualificación ao tempo que facilita unha axuda de renda á persoa desempregada.
Non podemos permitir que o Plan PREPARA desapareza nas circunstancias actuais, porque é a única fonte de subsistencia dos cidadáns que esgotan o desemprego e que non teñen nada máis que eses 400 € para poder vivir.
Diante desta situación o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo e co fin de garantir a transición ao emprego, alcanzar unha maior coordinación entre as políticas activas de emprego e as axudas económicas de acompañamento e evitar a exclusión social, instamos o Goberno de España a:
• Prorrogar o programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa prestación por desemprego, tal como foi regulado no Real Decreto-Lei 1/2011, en polo menos seis meses máis a partir do mes de febreiro de 2013.