O PSDEG-PSOE DE ARTEIXO DENUNCIA O ESTADO DA AUGA DA TRAÍDA DURANTE TODA A FIN DE SEMANA
Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “O PSdeG-PSOE
de Arteixo denuncia o estado da auga da traída durante toda a fin de semana,
unha situación que sufren reiteradamente os cidadáns do noso concello”
Dende
o Grupo Municipal Socialista de Arteixo queremos denunciar o estado lamentable
da auga da traída, que tivemos que soportar os veciños de Arteixo durante todo
o fin de semana e que non estaba solucionada ata esta mesma mañán de luns, unha
auga de cor marrón que fai imposible que sexa utilizada para o consumo e
incluso non sexa axeitada para o aseo persoal.
Ademais esta situación se repetiu
durante tódolos días do fin de semana e ata este mesma mañán, que seguíamos
nesta situación, ninguén do Concello conqueriu que se solucionase este
problema.
Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo
estamos preocupados por esta situación que se repite continuamente, sen atopar
solución por parte dos que gobernan o noso concello, e nos preguntamos se sería
máis recomendable que os cartos do remanente se utilizarán en modernizar a rede
de abastecemento e saneamento deste concello, antes que en infraestructuras e
obras que non son prioritarias, cando ademais temos barrios do noso concello
que non contan todavía con estes servizos e outros como algún barrio de
Meicende que están afogados por unha rede de saneamento máis propia dun país
subdesenvolvido que dun concello como o noso. Facemos unha chamada de
responsabilidade aos nosos mandatarios para que primeiro doten dos servizos
mínimos a tódolos veciños do noso concello e despois pensen noutro tipo de
obras que non son necesarias para ter unha boa calidade de vida.
Asdo:Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo