Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitamos ò Concello de Arteixo a creacion do consello escolar municipal e a bolsa de axuda para comedores escolares
Martín Seco (Voceiro do psdeg-psoe de Arteixo) : “O psdeg-psoe
de Arteixo solicitou no pleno de principios deste mes a creación do consello
escolar municipal e a creación dunha beca comedor para as familias máis
necesitadas do noso concello, utilizando o remanente deste concello en axudar
as familias con máis problemas e parar coa dilapidación do superavit en obras, proxectos e pagos de pouca
utilidade para os nosos veciños”
Dende
o Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentamos un rogo no Pleno de
principio de mes, para que se cree o Consello Escolar Municipal, debido
as continuas situacións que obrigan a a ter posicións e regulamentos comúns en
tódalas comunidades educativas do noso concello. Pedimos ao goberno do PP e así
o faremos por escrito, que convoque aos grupos da oposición para elaborar un
regulamento de Consello Escolar Municipal, onde temas como as normas en
relación co absentismo escolar nas que está a traballar o concello nestes
intres, coa indumentaria de asistencia aos centros que tanta polémica trouxo a
este concello, temas para tratar de aunar esforzos en determinados servizos que
actualmente están a ofertar as AMPAS como os comedores escolares, puideran ser coordinados
e organizados dende un órgano superior onde o concello tivese a voz cantante e
puidese ser o referente en materia educativa.
Ademais na situación de grave crise,
que están a vivir os nosos veciños, dende o Grupo Municipal Socialista
solicitamos que o PP crease unha bolsa de axudas para os usuarios
dos comedores escolares na mesma liña que se estableceu unha para o
material escolar e que tanto podería aliviar o peso da crise nas familias con
máis problemas.
Dende o Grupo Municipal Socialista
cremos que é hora de facer un esforzo dende o Concello para levar a cabo
iniciativas que axuden a que os nosos veciños con máis problemas, poidan manter
unha calidade de vida nestes duros momentos de crise, e esto só pode ser
posible co apoio solidario dunha administración local que prime en primeiro
lugar as axudas sociais aos que máis o necesitan e que deixe de laminar todo o
remanente do Concello en pagar os gastos das remuneracións dos concelleiros, en
obras como a remodelación da Oficina de Turismo, a remodelación da Praza do
Balneario, a remodelación do Campo da Festa e outras, a redacción de múltiples
proxectos que poderían ter sido feitos polos nosos funcionarios como indica o
Interventor nos seus informes, ou a cantidade inxente de pagos extraordinarios
que este concello está a facer con só algúns dos traballadores do Concello, co
que semella un pago para que exerzan un traballo polo cal xa lle estamos a
pagar tódolos cidadáns.
Asdo:Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo