O PSOE DE ARTEIXO PRESENTA ALEGACIÒNS ANTE A NOVA ORDENANZA DE PRAIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO

 


O pasado 26 de Xullo de 2012, procedeuse por acordo da maioría do número legal de membros do Pleno da Corporación á aprobación inicial do texto da “Ordenanza Municipal reguladora do uso das praias do Concello de Arteixo” e unha vez aberto o período de alegacións dende o noso Grupo Municipal desexamos facer as seguintes

 
R E C L A M A C I Ó N S:

 
1.    No artigo 6, punto 1 dí: “As praias constitúen un ben de dominio público, prohibíndose expresamente o seu uso privativo, agás os supostos de concesións ou reservas que puideran ter lugar. Deste xeito, a utilización das praias será libre, pública e gratuita para os usos comúns e acordes coa súa natureza, tales como pasear, estar, bañarse, navegar, embarcar e desembarcar, varar, pescar, coller plantas e mariscos e outros actos semellantes...”.

            O noso Grupo pide a supresión do texto “coller plantas e mariscos. Non pode ser un uso común a recollida de plantas e mariscos. Por unha banda, a flora e fauna das praias está protexida pola singular fraxilidade do ecosistema e moito máis cando no areal existen dunas. A recollida de marisco está regulamentada por unha lei específica así como a necesidade de posuir un carné acreditativo para a súa extracción.

 Ademáis, este punto é incompatible co réxime de infraccións recollido no artigo 42 e especificamente no seu apartado e) cualifica como falta moi grave, “a causa de calquera impacto negativo sobre a fauna e flora mariñas ou do litoral”.

 
2.    No artigo 6, punto 6 dí: “Nalgunhas zonas de baño, ou en parte destas, debidamente balizadas e sinalizadas como zona naturista ou nudista, estará permitida a práctica do nudismo”

Dende o noso Grupo solicitamos a eliminación deste artigo e tódolos referentes a criminalización do naturismo. Posto que trala abolición do delito de escándalo público mediante Lei Orgánica 5/1988, e trala específica abolición no mesmo acto da "facultade de policía de moralidad" especialmente nas praias, a inclusión de novo da persecución e criminalización da desnudez constitue un acto consciente de violación da Constitución, do estado de dereito e da citada Lei Orgánica.

Xa dende 1988 e coa nova Lei de Costas, quedou claro que as competencias municipais sobre as praias non habilitan aos Concellos (nin a ninguen) a regular sobre outro tipo de cuestións que excedan das puramente de salubridade pública e de mantenemiento, e quedou especialmente claro que non o facultan para actuar como “policía de moralidade” xa que esta función atopábase na antiga Lei de Costas e foi suprimida específicamente na actual. Non nos atopamos polo tanto ante un caso de vacío legal que se poda deixar ao arbitrio do Concello, senon dunha supresión específica e desexada, polo que nos debemos rexir polo Principio de Legalidade e de Xerarquía das Leis.

 
3.    No artigo 24, punto 1 , dí: “Queda prohibido durante todo o ano e a calquera hora a instalación de tendas de campaña ou campamentos de calquera duración de tempo nas praias e na zona costeira..... complementos”

Dende o noso grupo propoñemos a eliminación deste punto para trocala por, “Queda prohibido durante os meses de Maio ata Setembro inclusive, de 08:00 a 22:00  a instalación de tendas de campaña ou campamentos nas praias e na zona costeira, por razóns de interese natural, paisaxístico e cultural, ademais da prohibición durante todo o ano destas instalñacións naqueles lugares protexidos como as dunas e lugares de especial cuidado medioambiental”

No punto 2, dí: “Queda prohibido deixar instalados....nin no areal”

Dende o noso Grupo propoñemos trocalo por: “Queda prohibido deixar instalados os complementos tales como os parasoles, cadeiras, mesas, etc.. durante máis de duas horas, coa única finalidade de ter reservado un lugar na praia sen atoparse na zona de baño nin no areal”

 
4.    No artigo 40,  Infraccións Leves, no punto “e” engadir ao final “durante máis de 2 horas”

 
5.    No artigo 41, Infraccións graves, engadir un punto como “A reiteración da mesma Infracción leve nun período máximo dun ano, convertirase nunha Infracción grave”

 
6.    No artigo 41, Infraccións graves, suprimir o punto “d” e engadilo como punto “m” no artigo 40 Infraccións leves

 
7.    No artigo 41, Infraccións graves, suprimir o punto “n” polas causas expostas no punto 2 destas alegacións.

 
8.    No artigo 41, Infraccións graves, suprimir o punto “o” e engadilo como punto “n” no artigo 40 de Infracción leves, engadindo ao final “...fora dos horarios permitidos”

 
9.    No artigo 44, Sancións, no punto 1. Trocar a cuantía das Infraccións leves deixándoas, dende o apercibimento verbal ata os 100 euros.

 

 

Arteixo, a 17 de Setembro de 2012


 
Asdo.: Martín Seco García
Voceiro do Grupo Muncipal Socialista de Arteixo                                                                                                                                                       
Anterior
Anterior

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitamos ò Concello de Arteixo a creacion do consello escolar municipal e a bolsa de axuda para comedores escolares

Siguiente
Siguiente

Moción en defensa dos Concellos e contra a reforma que nos quere aplicar o goberno do estado