Moción para creación regulamento consello escolar municipal e boceto de regulamento aportado polo Grupo Municipal Socialista de Arteixo
Martín Seco García na súa condición de
voceiro do Grupo Municial Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como
mellor en dereito proceda DI:
Que
o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de
Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de
Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e
Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril,
Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras
medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
O marco
constitucional recoñece a participación como un valor fundamental na
organización do sistema escolar en todos os niveis, dende os centros docentes
ata o ámbito estatal, e ese valor é a única vía que permite resolver problemas
e buscar solucións a partir do contraste de opinións, do diálogo e do consenso.
Por iso é
fundamental educar no exercicio da participación, e esta soamente se aprende se
efectivamente se practica. Nese contexto, os consellos escolares son a garantía
de que calquera persoa pode exercer o seu dereito de participar no sistema
educativo sen máis requisito que a súa propia opción voluntaria e sempre que
sexa elixido ou designado polo sector que representa.
Os consellos
municipais de educación, como instrumento de participación dentro do sistema
escolar, pretenden contribuír á corrección de desigualdades socioculturais, a
conseguir un ensino máis eficaz e de máis calidade, e a cohesionar o tecido
escolar implicado compromentendo aos grupos e ás persoas coa súa participación
e contribucións.
No Consello
Escolar Municipal atoparase toda a comunidade educativa: mestres, alumnos, nais
e pais, traballadores da administración e dos servizos educativos e
profesionais de ámbitos diversos, e responsables políticos, entre outros.
Son moitas
as solucións que un órgano desta índole pode darlle á comunidade educativa,
contando coa participación de todos os sectores implicados na educación do noso
Concello. Problemas como os acontecidos coas normas de atuendo de asistencia a
clase, o control do absentismo escolar, a coordinación dos investimentos a
realizar nos centros educativos, a creación de novas axudas para os gastos que
deben afrontar as familias con menos ingresos o coñecemento das preocupacións
de cada un dos sectores existentes na comunidade educativa, profesores,
nais/pais, estudantes,… e a posta en marcha de iniciativas que redunden nunha
mellor infraestructura e procedementos educativos debe de ser posta en marcha
pola unión de tódolos implicados nesta materia.
De acordo co
que dispoñen a Lei orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do dereito á
educación; a Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación,
avaliación e goberno dos centros docentes; a Lei 3/1986, do 18 de decembro, dos
consellos escolares de Galicia; o Decreto da Xunta de Galicia 44/1988, do 11 de
febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia e os consellos
escolares territoriais e municipais, dende o Grupo Municipal Socialista cremos
imprescindible e inaplazable a creación e constitución do Consello Escolar
Municipal de Arteixo, elaborando para o seu desenrolo un regulamento que debe
ser aprobado por este Pleno.
Por tódolo anteriormente exposto,
propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,
ACORDO:
O
Pleno do Concello de Arteixo, acorda:
1.
Poñer en funcionamento o
Consello Escolar Municipal de Arteixo.
2.
Convocar
coa maior brevedade
posible, unha Comisión ou Xunta de Voceiros, onde todos poidamos
participar na elaboración do Regulamento deste Consello Escolar Municipal de
Arteixo.
En Arteixo, a 13 de Setembro
de 2012
Asdo:Martín Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo
PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL
SOCIALISTA PARA REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE ARTEIXO
O marco constitucional recoñece a participación como un valor
fundamental na organización do sistema escolar en todos os niveis, dende os
centros docentes ata o ámbito estatal, e ese valor é a única vía que permite
resolver problemas e buscar solucións a partir do contraste de opinións, do
diálogo e do consenso.
Por iso é fundamental educar no exercicio da participación, e esta
soamente se aprende se efectivamente se practica. Nese contexto, os consellos
escolares son a garantía de que calquera persoa pode exercer o seu dereito de
participar no sistema educativo sen máis requisito que a súa propia opción
voluntaria e sempre que sexa elixido ou designado polo sector que representa.
Os consellos municipais de educación, como instrumento de participación
dentro do sistema escolar, pretenden contribuír á corrección de desigualdades
socioculturais, a conseguir un ensino máis eficaz e de máis calidade, e a cohesionar
o tecido escolar implicado compromentendo aos grupos e ás persoas coa súa
participación e contribucións.
Arteixo quere ser un concello educador en todos os sentidos, que viva a
educación como un referente básico para a formación da conciencia cívica. Un
instrumento determinante para acadar estes obxectivos é o Consello Escolar
Municipal de Arteixo no que debe confluír toda a comunidade.
No Consello Escolar Municipal atoparase toda a comunidade educativa:
mestres, alumnos, nais e pais, traballadores da administración e dos servizos
educativos e profesionais de ámbitos diversos, e responsables políticos, entre
outros.
De acordo co que dispoñen a Lei orgánica 8/1985, de 3 de xullo,
reguladora do dereito á educación; a Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da
participación, avaliación e goberno dos centros docentes; a Lei 3/1986, do 18
de decembro, dos consellos escolares de Galicia; o Decreto da Xunta de Galicia
44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia e
os consellos escolares territoriais e municipais, proponse a creación e
constitución do Consello Escolar Municipal de Arteixo segundo o seguinte
regulamento:
REGULAMENTO DO CONSELLO
ESCOLAR DE ARTEIXO
O Consello
Escolar Municipal constitúese como órgano de consulta e participación cidadá na
planificación e intervención educativa do Concello de Arteixo (A Coruña), coas
finalidades e competencias que de seguido se desenvolven.
Consecuentemente,
as finalidades do Consello Escolar Municipal serán as de estudio, asesoramento
e emisión de propostas á Corporación Municipal e á Administración Educativa
sobre todos os aspectos do ensino non universitario que incidan na poboación do
concello de Arteixo, buscando a máxima participación de todos os veciños e
veciñas, das entidades e dos organismos interesados no feito educativo. O
Consello Escolar Municipal é polo tanto un órgano de consulta e participación
dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na
planificación dos Centros escolares no ámbito municipal.
Artigo
3. COMPETENCIAS
- O Consello Escolar Municipal de Arteixo deberá ser consultado pola Administración educativa e polo Concello en todas aquelas cuestións relacionadas co ensino non universitario no ámbito municipal.
- O carácter participativo do Consello na planificación e intervención educativa non universitaria realizarase por medio das competencias que lIe son propias: asesoramento, consulta, proposta e información nas cuestións seguintes:
a) Convenios e acordos de colaboración coa
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra
Administración Pública, que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal.
b) Actuacións e normas municipais que afecten
aos servizos educativos complementarios e extraescolares con incidencia no
funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores,
servizos de limpeza e conservación.
c) Actuacións e normas municipais que afecten
ou favorezan a ocupación real das prazas escolares, coa finalidade de mellorar
o rendemento educativo e, no seu caso, facer efectiva a obrigatoriedade do
ensino.
d) Emprazamento dos Centros docentes dentro da
demarcación municipal.
e) Prioridade nos programas e actuacións
municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento axeitado dos
Centros docentes, de acordo coas competencias que a lexislación outorgue aos
Concellos en cada momento, con especial atención á supresión de barreiras
arquitectónicas.
f) Fomento de actividades que tendan a mellorar
a calidade educativa, a renovación pedagóxica, os principios da escola activa e
a integración escolar, especialmente no que respecta á adaptación da
programación ao medio.
g) Competencias educativas que afecten ao
ensino non universitario e que a lexislación outorgue aos municipios.
h) Na programación de investimentos en materia
educativa.
i) Calquera outro asunto que pola súa
importancia para a vida escolar do Concello Ile sexa consultado.
Artigo
4. COMPOSICIÓN
Ao abeiro do
disposto no artigo 16, apartado b) da Lei 3/86 e do artigo 30 do Decreto
44/1988 dos Consellos Escolares de Galicia, o Consello Escolar Municipal de
Arteixo estará composto polos seguintes membros:
- Presidente: O Alcalde ou membro da Corporación en quen delegue.
- Sete profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente no municipio, distribuídos da seguinte forma:
- Cinco do ensino público (procurarase garantir en calquera caso a presenza de profesorado de cada un dos tipos de centros existentes en Arteixo: IES, CEIP, CRA e Escolas Infantís Municipais). A distribución sectorial farase con criterios de proporcionalidade según o número de profesores existentes en cada tramo educativo).
- Dous do ensino privado
- Catro pais/nais de alumnos propostos polas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (procurarase garantir en calquera caso a presenza de representantes de cada un dos tipos de centros existentes en Arteixo: IES, CEIP, CRA e Escolas Infantís Municipais).
- Tres alumnos elixidos polos representantes dos alumnos nos Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.
- Sete membros designados pola
Corporación Municipal do seguinte xeito:
·
Un
director/a dun centro de Educación Secundaria de Arteixo e un director/a dos
centros públicos de educación infantil e primaria do concello, proposto/a polos directores/as dos mesmos.
·
Un
representante proposto pola/s asociación/s de empresarios do municipio
·
Un
representante proposto polo sindicato máis representativo no ámbito docente do
termo municipal.
·
Un
representante das asociacións de veciños inscritas no rexistro municipal correspondente,
a proposta das mesmas.
·
Un
especialista en temas educativos nomeado polo Pleno Municipal
- Un funcionario/a público nomeado pola Administración educativa da Xunta de Galicia.
- Un representante do equipo docente da
Escola Municipal de Música.
Artigo
5. DURACIÓN DO MANDATO E RENOVACIÓN DOS MEMBROS
- O mandato dos membros do Consello escolar Municipal será de catro cursos académicos e farase coincidir coas lexislaturas da Corporación Municipal. Serán revogados ou ratificados por metades cada dous cursos, en cada un dos grupos polos que foron elixidos.
- Os membros do Consello Escolar Municipal que o sexan en virtude da representación que ostentan, perderán a condición de tales no momento de perder a calidade na que foron elixidos.
- Os membros designados en representación das organizacións sindicais, empresariais ou federacións de nais e pais de alumnos/as, serán ratificados ou substituídos polas instancias que os propuxeron cando teñan lugar eleccións aos órganos reitores daquelas asociacións. Sen prexuízo do anterior, poderán ser revogados se os órganos que os designaron o consideran oportuno.
- No caso de producirse algunha vacante,
deberá ser cuberta nun prazo máximo de dous meses. O novo membro serao
polo tempo que lle resta ao Consello para completar o mandato.
Artigo
6. ORGANIZACIÓN
Artigo
7. DO PLENO DO CONSELLO.
- O Pleno é o órgano superior do Consello
Escolar Municipal e estará constituído por todos os membros do mesmo que
se relacionan no artigo 4.
- Para a constitución inicial do Consello Escolar Municipal o Concello, despois de realizar as comunicacións pertinentes e de promover as eleccións sectoriais necesarias, convocará unha reunión constituínte á que deberán asistir, cando menos, os dous terzos dos seus membros. De non acadarse o quorum requirido, realizarase unha nova convocatoria no prazo dun mes.
- O Pleno reunirase, en sesión ordinaria,
unha vez por trimestre, e preceptivamente ao comezo e final de cada curso
escolar.
- O Pleno xuntarase en sesión extraordinaria
se o considera oportuno o/a Presidente, ou ben se o solicitan por escrito,
como mínimo, unha terceira parte dos seus membros.
- As sesións ordinarias e extraordinarias
do Pleno serán convocadas polo presidente cunha antelación mínima de 3
días hábiles. As convocatorias irán acompañadas da Orde do Día da sesión,
redactada polo Presidente tendo en conta as propostas da Comisión
Permanente, e polo borrador da acta da sesión anterior.
- As sesións terán lugar en primeira
convocatoria cando concorra máis da metade dos membros que legalmente
compoñen o Pleno do Consello e, en segunda convocatoria, media hora máis tarde, se concorren cando
menos unha terceira parte do total dos membros. Requírese, en todo caso, a
presenza do Presidente e do Secretario ou das persoas que legalmente as
substitúan.
- Os acordos adoptaranse por maioría
simple. En caso de empate terá lugar unha segunda votación e, de
reproducirse o empate, decidirá o voto de calidade do presidente. O voto é
persoal e indelegable.
- Os membros do Consello terán dereito a
examinar, dende o momento da convocatoria da correspondente sesión, a
documentación dos asuntos que integran a orde do día e a obter copia dela.
Tamén teñen dereito a obter copia das actas das sesións da Comisión
Permanente e das comisións de traballo, se o solicitan expresamente.
- De cada sesión, tanto ordinaria como extraordinaria, redactarase a correspondente acta que se transcribirá, despois da súa aprobación, no libro correspondente, co selo do Consello Escolar Municipal de Arteixo e a sinatura do Presidente/a e o secretario/a.
- O Pleno do Consello poderá elaborar un
Regulamento de Réxime Interno, que se remitirá ao Pleno da Corporación
para a súa aprobación definitiva.
Artigo
8. DAS COMPETENCIAS DO PLENO
Son competencias
do Pleno do Consello Escolar Municipal
a) Debater e aprobar os informes e ditames
referidos aos puntos explicitados no artigo 3 deste Regulamento.
b) Elixir os membros da Comisión Permanente.
c) Ratificar aos Presidentes de cada unha das
Comisións de Traballo.
d) Aproba a creación das novas Comisións de
Traballo.
e) Aprobar a memoria anual de actuación do
Consello Escolar Municipal
f) Aprobar o informe anual sobre a situación do
ensino non universitario no municipio.
g) Elixir o vicepresidente
Artigo
9. DA COMISIÓN PERMANENTE
- A Comisión Permanente será elixida polo
Pleno do Consello Escolar Municipal e asegurará a representación de todos
os sectores.
- Estará formada por: o Presidente, o
Secretario, os Presidentes de cada unha das Comisións de Traballo, un
ensinante, un pai/nai de alumnos e un alumno/a.
- Xuntarase, como mínimo, cada tres meses e cando o considere pertinente o Presidente ou a metade dos seus membros. As convocatorias serán realizadas polo Presidente cunha antelación mínima de dous días, explicitando na convocatoria a orde do día da sesión.
- En cada sesión. Tanto ordinaria como
extraordinaria, redactarase a correspondente acta.
Artigo
10. DAS COMPETENCIAS DA COMISIÓN PERMANENTE
As funcións da
Comisión Permanente do Consello Escolar Municipal son:
a) Preparar a orde do día das sesións
ordinarias e extraordinarias do Pleno
b) Preparar os temas, os informes, as propostas
e os ditames para seren debatidos polo Pleno do Consello Escolar Municipal
c) Xestionar os asuntos e acordos que lIe
encomende o Pleno.
d) Coordinar o labor das Comisións de Traballo.
e) Elaborar a memoria anual da actuación do
Consello Escolar Municipal
f) Elaborar o informe anual sobre a situación
do ensino no municipio.
Artigo
11. DAS COMISIÓNS DE TRABALLO
- Dentro do Consello Escolar Municipal
estableceranse Comisións de Traballo que se poderán xuntar cantas veces o
consideren oportuno os seus membros.
- En cada Comisión de Traballo haberá un Presidente, un Secretario e, cando menos, catro vocais.
- O Presidente de cada Comisión será
elixido no seu seo, e ratificado polo Pleno do Consello Escolar Municipal.
Será membro da Comisión Permanente, e portavoz da Comisión diante do
Pleno. O Secretario da Comisión, que será designado polo Presidente da
mesma, levantará a acta de cada unha das reunións.
- No Consello Escolar Municipal
funcionarán, cando menos, tres Comisións de Traballo:
- Comisión Pedagóxica.
- Comisión de Equipamento Escolar.
- Comisión de Planificación Educativa.
As súas
propostas serán elevadas á Comisión Permanente.
- O pleno do Consello Escolar Municipal poderá
establecer outras Comisións de Traballo, se o considera necesario.
Artigo
12. DA ASISTENCIA TÉCNICA E O ASESORAMENTO
O Consello
Escolar Municipal, para tratar temas específicos e puntuais (ben sexa en Pleno,
Comisión Permanente ou nas comisións de
traballo) poderá solicitar a asistencia de persoas de recoñecida valía ou
coñecementos nunha materia, ou de entidades afectadas nun problema, con voz
pero sen voto.
Artigo
13.- DO PRESIDENTE/A
O Presidente/a do
Consello Escolar Municipal de Arteixo terá as seguintes funcións:
a) Ostentar a representación oficial do
Consello Escolar Municipal
b) Convocar, presidir as sesións e moderar os
debates do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Escolar Municipal.
c) Autorizar coa súa sinatura os acordos do
Pleno do Consello
Artigo
14. DO VICEPRESIDENTE/A
- Pleno do Consello Escolar Municipal elixirá, entre os seus membros de pleno dereito un Vicepresidente/a.
- O Vicepresidente/a asume as atribucións
do Presidente en caso de ausencia, vacante ou doenza, e desempeña as
tarefas que este lle delegue.
- Secretario/a do Consello Escolar Municipal será o do concello ou o funcionario/a municipal no que este delegue.
- A función do secretario comprende o asesoramento legal do Consello, a fe pública de todos os actos e acordos, e a preparación dos expedientes e asuntos que vaian ser obxecto de decisión. Así mesmo, redactará as actas das sesións do Pleno e da Comisión Permanente, que serán aprobadas na seguinte reunión.
- O Concello de Arteixo garantirá os medios técnicos e administrativos necesarios para o desenvolvemento do Consello a través dos seus servizos municipais.
Artigo
16. DAS MEMORIAS ANUAIS
O Consello
Escolar Municipal, ao remate de cada curso escolar, elaborará unha memoria da
súa actuación. Igualmente, e como dispón o artigo 18, apartado 2 da Lei 3/1986
de Consellos Escolares de Galicia, e o Decreto 44/1988, de 11-2, o C.E.M.
elaborará, ao remate de cada curso académico, un informe sobre o estado do
ensino no municipio que enviará, para o seu coñecemento, á Corporación
Municipal, ao Consello Escolar Territorial, e ao Consello Escolar de Galicia.
Artigo
17. DA SEDE DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL
A sede oficial do
Consello Escolar Municipal será a Casa do Concello, e o lugar de reunión do pleno e das súas Comisións será aquel que o
Concello facilite ou o Pleno do C.E.M. acorde.
Disposición
final
O presente
regulamento entrará en vigor aos quince días hábiles despois da súa publicación no
Boletín Oficial de Provincia, de acordo co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Disposición
adicional única
O Consello
Escolar Municipal que se constitúa trala entrada en vigor deste regulamento,
cesará coincidindo coa celebración dos próximos comicios municipais.