MOCIÓN DO PSDEG-PSOE DE ARTEIXO PARA QUE DESDE O NOSO CONCELLO SE ÍNSTE O GOBERNO CENTRAL A ANULAR AS ÚLTIMAS RESTRICCIÓNS PARA RECIBIR OS 400 EUROS DO PLAN PREPARA


 
Ó PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO


            Martín Seco García na súa condición de voceiro do Grupo Municial Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en dereito proceda DI:


            Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:


MOCIÓN


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


O paro é o principal problema dos españois. A actuación do Goberno agrava día a día este problema e as súas consecuencias mais negativas para os cidadáns. A ultima enquisa de poboación activa pon de manifesto o dramático aumento do desemprego, o incremento do número de parados de larga duración e o de fogares con tódolos seus membros no paro. A enquisa reflexa os aumentos do paro que xa mostraban as cifras desestacionalizadas dos meses de abril, maio, xuño e xullo do presente ano.

As políticas desenroladas polo goberno lonxe de atallar o problema do paro o agravan e cada nova previsión do goberno establece un novo récord de parados.

A reforma laboral, ó abaratar e facilitar o despido en tempos de crise, está provocando unha sangría insoportable en termos de emprego.


Os presupostos xerais do estado teñen significado un recorte drástico das políticas activas de emprego, especialmente as transferencias ás CCAA, con reducións de mais de 1.700 millóns de euros, un 54%. Estes recortes lévanse por diante as políticas de axuda ós desempregados na súa búsquea de emprego, pois afectan ós programas de orientación, formación e recualificación. Todo elo en contra das recomendacións do Consello Europeo.


O Real Decreto - Lei 20/2012 , de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaraa de fomento da competitividade, cercena de forma descomunal a protección dos desempregados ó suprimir subsidios especiais para os maiores de 45 anos, ó elevar a idade de 52 a 55 anos, e expulsa da Renda Activa de Inserción a practicamente o 90% dos seus beneficiarios. Centos de miles de desempregados veranse sen protección algunha nos próximos meses.

 
As políticas do goberno están provocando a fractura social de España: mais paro, menos protección, menos dereitos, e contra toda recomendación comunitaria, menos políticas activas para fortalecer o emprego dos parados.
 

Neste contexto, o Goberno viuse obrigado pola presión popular a aprobar un Real – Decreto que prorroga a axuda dos 400 euros, pero con moitas restricións que fan que o Real Decreto non sexa unha prorroga do anterior programa PREPARA xa que deixa fora á inmensa maioría dos xoves, a tódolos parados de longa duración con un só fillo, a todo parado sen familia aínda que esté na indixencia. De igual forma, deixa fora os parados que tiveron contratos temporais e ás mais de 583.000 familias con todos os seus membros en paro que non reciben ningunha prestación.

 
Por iso a continuidade do programa PREPARA, tal como foi aprobado polo anterior Goberno socialista, é unha necesidade de primeiro orden.


Este programa mostrou claramente a súa eficacia e propiciou a mellora da empregabilidade de mais de 450.000 desempregados. Este programa apoiase nunha combinación de medidas activas de orientación, formación e recualificación ó tempo que facilita unha axuda de renda á persoa desempregada.

 
            Non podemos permitir que o Plan PREPARA se desvirtúe nas circunstancias actuais, porque é a única fonte de subsistencia dos cidadáns que esgotan o desemprego e que non teñen nada mais que eses 400 para poder vivir.

           
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

 
ACORDO:

 
            Instar ó Goberno de España a que, con fin de garantir a transición o emprego, alcanzar unha maior coordinación entre as políticas activas de emprego e as axudas económicas de acompañamento e evitar a exclusión social, anule as restricións introducidas ó Plan Prepara no Real Decreto – Lei 23/2012, do 24 de agosto, e prorrogue o Real Decreto – Lei 1/2011, de 11 de febreiro ata, o menos, o 15 de agosto de 2013.

 

En Arteixo, a 20 de Setembro  de 2012

 

Asdo: Martín Seco García
                       Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo
 

 
 
Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE de Arteixo mantivemos unha reunión coa AAVV San Xosé Obreiro de Meicende

Siguiente
Siguiente

Moción para creación regulament​o consello escolar municipal e boceto de regulament​o aportado polo Grupo Municipal Socialista de Arteixo