O PSdeG-PSOE de Arteixo mantivemos unha reunión coa AAVV San Xosé Obreiro de Meicende
Martín Seco (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “A
nosa organización comezou coa asociación San Xosé Obreiro de Meicende unha
serie de reunións coas asociacións do noso concello para coñecer as súas
necesidades e aportar as nosas opinións sobre a situación política de Arteixo”
A nova executiva da
agrupación local de Arteixo do PSdeG-PSOE comezou onte unha serie de reunións
coas diferentes asociacións do noso concello para coñecer de primeira man os
problemas que afectan a ditos colectivos para intentarlles buscar solución
ademais de expoñerlles as nosas posicións políticas no Concello e cales son as iniciativas que estamos a levar
a cabo nesta institución.
A primeira reunión
celebrouse coa Asociación de Veciños “San Xosé Obreiro de Meicende”, a reunión
discorreu nun ton de cordialidade e de entendemento entre as dúas partes, o
noso Sº Xeral pediu desculpas á directiva desta asociación por aquelas
declaracións e actuacións que os anteriores dirixentes do noso partido tomaron
contra ditos veciños e que segundo as súas impresións, excederon en moito, o
nivel de comunicación e de cordialidade que tiña que presidir as relacións
entre o noso partido e dita asociación e comprometeuse a ter unha relación
fluída e afable con dito colectivo.
Os membros da directiva da AA.VV. presentaron un documento
coas reivindicacións desta parroquia do noso Concello e explicaron o contida
neste documento. Situacións como a existencia dun gran número de parados, o
desenrolo do Plan Xeral, os problemas co tráfico sobre todo o pesado procedente
da Refinería e de Butano, a falla de instalacións públicas, os problemas de
inseguridade cidadá ou a problemática coa imposibilidade de coller o bus
público que pasa por dita parroquia sen efectuar parada, foron amplamente
debatidos polos membros da asociación e da executiva do noso partido, que
prometeu volver o antes posible a ter outra reunión para continuar con esta
relación e que avalará estas iniciativas ante o goberno do noso Concello.
Dende o noso grupo
explicóuselles as posicións políticas do noso grupo e as nosas iniciativas,
explicándolles como o goberno municipal está a liquidar o remanente de máis de
19 millóns de euros nun só ano de lexislatura e que ademais o está facendo dun
xeito precipitado e malgastando en obras innecesarias, en outras cun presuposto
que podería ser máis axustado aos tempos actuais, en proxectos externos que se
poderían facer dende o concello, en pagos extraordinarios a certos
traballadores para conseguir un nivel de traballo que debería de ser cuberto co
seu soldo, ou cun elevado gasto en salarios para os políticos do PP. Nesa liña
se lles puxo como exemplo o anunciado onte polo goberno municipal, que vai a
facer unha inversión de máis de 1,3 millóns de euros nunha infraestructura para
utilizala de centro de formación, cando se podería ter utilizado o xa
construído previamente, abaratando o custe desta, ademais se fai sen ter un
proxecto serio que avale tal construcción.
Por outra banda o noso
Sº Xeral, expúxolles a nula iniciativa do goberno de Feijoo en Arteixo durante
estes catro anos, poñendo como exemplo a falla de compromiso con Centro de
Saúde de Meicende que segue sen abrir polas tardes e está completamente
saturado de traballo, a nula de inversión desta administración nos centros
educativos do concello como o CEIP de Meicende, a inexistente inversión do
goberno de Feijoo coas vías desta parroquia que están baixo a súa titularidade
e a falla de políticas de formación e de axuda aos desempregados que sacude
especialmente a un barrio obreiro como é Meicende, ademais explicou como se
está a gastar o remanente deste concello con inversións en ditas materias que
deberían de estar cubertas pola Xunta de Galicia e que por culpa desta falla de
inversión, o concello non pode dedicar os cartos en outras actuacións moi
necesarias para os nosos veciños.
Asdo:Martín Seco García
Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo