O parlamentario Martín Seco denuncia que a Xunta trata de quitar competencias a deputacións e concellos coa Lei de Áreas Empresariais

O deputado do grupo parlamentario socialista no Parlamento de Galicia criticou o “rodillo do PP” para rexeitar as emendas da oposición .

O deputado socialista Martín Seco no Parlamento de Galicia

O parlamentario do grupo socialista Martín Seco criticou o “rodillo do PP” coa súa maioría absoluta para rexeitar as emendas da oposición ao Proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia. Denunciou que a Xunta busca quitar as competencias a deputacións e concellos, concentrando todas as decisións sobre o solo empresarial na administración autonómica. Os socialistas abstivéronse ante a necesidade de actuar neste ámbito, pero reividicou que esta “non é a lei que nós faríamos”.

O portavoz de industria do grupo parlamentario socialista, Martín Seco, participou este mércores na Comisión de industria para a elaboración do ditame á vista do Informe de Ponencia sobre o Proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia. Na súa intervención recriminou á Xunta que deixe sen capacidade de decisión a concellos e deputacións a través desta lei.

O voceiro de industria socialista reivindicou o “carácter construtivo” do seu grupo, que non presentou ningunha emenda á totalidade da lei, senón que aportou 65 emendas para mellorala. Sen embargo, a través da maioría absoluta no Parlamento, o PP rexeitou 52 delas, soamente aprobando 10 que non cambian de forma importante o documento e transacionando as tres restantes.

Martín Seco lamentou que esta lei “chega tarde”, xa que considera inexistente a política industrial e económica do goberno de Feijóo, e do breve goberno de Rueda. Fixo balance destes anos, destacando que entre o 2013 e o 2019 marcharon cara outras comunidades autónomas un total de 800 empresas de Galicia, que aportaban 1.000 millóns de euros de actividade. A maiores, destacou que Galicia é a 1ª comunidade en mozos emigrados e a 2ª con salarios e pensións máis baixos.

Considerou que a situación económica do país permitía unha actuación previa do executivo galego, pero que a están a realizar agora ante a necesidade de reformar a lexislación para poder recibir os fondos Next Generation. Salientou a necesidade da lei, así como dunha política de ordenación do territorio, pero remarcou que esta “non é a lei nós faríamos” xa que está “feita de costas” ao resto de administracións con competencias na regulación do solo empresarial.

Seco amosou a existencia dun consenso para a mellora da colaboración entre administracións para axilizar os procesos de adxudicación do solo empresarial, pero o que vai a facer o PP dende a Xunta é actuar ignorando as competencias do resto. Para o deputado socialista, a lei resultante é un “intento de solución máxica” que non é tal, produto do desleixo de 13 anos de xestión da Xunta á política industrial.

O voceiro de industria fixo referencia ao debate mantido o día previo no Senado entre Pedro Sánchez e o expresidente da Xunta, Núñez Feijóo, do que remarcou que no debate co presidente do goberno puido verse a súa “insolvencia política dun líder carente de propoñer unha alternativa”, a cal tamén mostrou cando gobernaba Galicia.

Anterior
Anterior

Martín Seco denuncia “trilerismo e mentiras” da Xunta para “evitar poñer un só euro de fondos propios” para o sector da carne

Siguiente
Siguiente

O deputado Martín Seco reclámalle á Xunta e Concello de Arteixo que desbloqueen o traslado das liñas de alta tensión que atravesan a urbanización Solymar de Arteixo