Martín Seco denuncia que o PP se nega a implementar as axudas ao sector cárnico que prometeu durante a campaña de municipais

O deputado socialista reivindica as diversas medidas do goberno central en favor dos produtores fronte a un Feijóo que destruíu 3 de cada 10 empregos no sector agrario durante o seu mandato.

O deputado do Grupo Socialista Martín Seco denunciou hoxe que o PP se negue a que a Xunta de Galicia implemente os 12 millóns de euros de axudas ao sector cárnico que prometeron durante a campaña das eleccións municipais, como así reclamaban os socialistas na súa iniciativa.

O representante socialista aproveitou a sesión plenaria deste mércores na Cámara galega para que o Partido Popular se posicionase de novo e reiterase o compromiso acadado co sector cárnico galego para dar axudas directas aos gandeiros que teñen unha difícil situación económica derivada da pandemia e do aumento da inflación dos últimos meses. Sen embargo, os deputados do grupo popular votaron en contra de que se leven a cabo estas axudas.

Recordou que a promesa destas axudas económicas directas fíxose durante a campaña electoral e como consecuencia dunha masiva concentración dos produtores en Lugo. Á vista de que pasaron xa tres meses e a promesa era que se recibiran os ingresos durante o 2023, Seco atribúe este suceso a unha manobra electoralista do PP para tratar de acadar o goberno da Deputación de Lugo.

Martín Seco reprochou a falla de implicación do goberno do PP cun sector do que dependen preto de 20.000 empregos e 10.000 explotacións profesionais. Fixo referencia ao informe do Consello Económico e Social de Galicia que fala da perda de 30.000 postos de traballo no sector agrario, o que dito doutro xeito son 3 de cada 10 empregos destruídos en apenas 15 anos.

Un balance durante estes anos de goberno popular que atribúe a un Feijóo que “promete axudas e tres meses despois esquece a súa promesa”. Seco destacou ao ex-presidente da Xunta e candidato á presidencia do goberno de España como “o neno do rural” co que Galicia perdeu 60.000 habitantes no seu interior. Para Seco “a credibilidade do goberno galego é nula” para co mundo agrario de Galicia.

O socialista tivo ocasión de contrapuxo isto coas diferentes políticas levadas a cabo polo goberno central para apoiar directa ou indirectamente a este sector, como 68 millóns de euros en axudas directas aos gandeiros galegos, axudas para paliar o incremento do custe dos fertilizantes, a rebaixa dos 20 céntimos por litro de combustible ou o a “pelexa” en Europa para “cambiar a orientación na política económica para axudar aos sectores afectados pola crise”.

Anterior
Anterior

Martín Seco denuncia a falla de iniciativas do goberno galego para reanudar a produción na factoría de Ferroglobe en Arteixo

Siguiente
Siguiente

O Grupo Socialista levará ao Parlamento o desmantelamento da sanidade pública en Frades