Martín Seco critica que o PP se negue a incorporar varios concellos de Lugo e Ourense á listaxe para compensar danos causados polo lobo

A iniciativa do deputado socialista pretendía aliviar a difícil situación que teñen os gandeiros dos municipios excluídos pola Xunta das axudas, pese a que “sofren recorrentes perdas” .

O deputado do grupo socialista Martín Seco reprochoulle hoxe ao grupo do PP e á Consellería de Medio Rural que se negaran a incorporar varios concellos das provincias de Lugo e Ourense á listaxe oficial habilitada para compensar os danos causados polo lobo, pois asegurou que tamén “sofren recorrentes perdas gandeiras”.

Seco García interviu na comisión parlamentaria de Agricultura, onde emprazou á Consellería do Medio Rural a rectificar o listado de concellos afectados polos ataques do lobo para engadir as localidades de Piñor e San Cristovo de Cea, en Ourense, así como Pedrafita, As Nogais, Bóveda, Cervo e Chantada, en Lugo. Debido a esta negativa, estes municipios quedan excluídos das axudas que a nova PAC prevé para zonas con recorrentes danos na gandería.

O deputado socialista lembrou que estas indemnizacións enmárcanse dentro da nova liña de xestión sostible de pastos en zonas de convivencia con grandes carnívoros, onde as superficies indemnizables estarán dentro dos municipios de Galicia designados como zonas con presenza de grandes carnívoros.

As condicións de elixibilidade para as explotacións, abondou Martín Seco, son estar localizadas nunha desas áreas, realizar pastoreo, dispor un mínimo de 15 cabezas de gando maior, e dispor de sistemas de vixilancia ou coidado do gando, podendo así optar a unha compensación de 75 euros por hectárea.

O voceiro de Medio Rural do grupo socialista tamén destacou que a Consellería está a propoñer unha listaxe de concellos de alta incidencia por ataques de lobo que “xa está obsoleto” xa que a incorporación de 22 concellos adicionais no 2021 non é xusta coa realidade da difícil situación das localidades excluídas que precisan destas axudas e teñen que enfrontar as recurrentes perdas de gando por ataques dos devanditos carnívoros.

Anterior
Anterior

Martín Seco pídelle á Consellería de Infraestruturas que habilite o acceso ás parcelas que quedan bloqueadas pola senda peonil paralela á AC-552 en Proame - A Laracha

Siguiente
Siguiente

O deputado Martín Seco acusa á conselleira de Medio Ambiente de “ actuar como ariete” contra o Concello de Melide.