Martín Seco acusa a Medio Rural de modificar “ad hoc” as bases das axudas para beneficiar a empresas sancionadas por modificar os prezos en contra dos produtores

O deputado socialista denuncia no Parlamento o cambio nas axudas para inversións en transformación e comercialización logo de coñecer a sanción á láctea “Inleit” por incumprir os acordos de prezos cos gandeiros.

O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao conselleiro do Medio Rural de modificar as bases das axudas para inversións en transformación e comercialización para beneficiar a empresas lácteas sancionadas por incumprir a Lei de Cadea Alimentaria e modificar os prezos en contra dos gandeiros. Así o dixo no debate dunha Interpelación presentada polo Grupo Socialista no Pleno do Parlamento.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de modificar as bases destas axudas, que ascenden a 30 millóns de euros, e que inicialmente excluían ás empresas sancionadas, logo de coñecer que a láctea galega Inleit recibira unha multa de 9.000 euros por incumprir os acordos cos produtores. Lembrou que as bases das axudas foron publicadas en xaneiro deste ano, a multa coñeceuse en febreiro, a Xunta visitou á empresa en marzo e en abril xa cambiara a orde.

Con esta modificación retiraban o requisito que impedía ás empresas recibir as axudas, polo que “se negan a poñerlles condicionantes” concibidos para evitar que algunhas das industrias lácteas “se comporten como mafias” se queren ter acceso ás axudas públicas. Lembrou que Inleit recibiu 7 millóns de euros entre 2018 e 2022, e apostou que “tamén sairá beneficiada nesta convocatoria” a pesares de que “maltrata aos gandeiros”, como ten denunciado o sindicato Unións Agrarias.

Os verdadeiros aliados

Denunciou que “os verdadeiros aliados do PP son os grandes empresarios deste país”, e lamentou o “paso atrás” do goberno galego “en contra dos intereses dos nosos gandeiros”, malia que “vostedes mesmos din que están maltratados polos baixos prezos que lles pagan pola súa produción”. Reclamoulles que “modifiquen de novo as bases reguladoras das axudas” para recuperar o requisito a favor dos produtores galegos.

Acusou a Medio Rural de estar “nas mans desas industrias que maltratan ao noso campo e actúan como auténticas mafias organizadas”, e por iso “seguen sen utilizar os mecanismos para impedir a venta a perdas”, renunciando a penalizar ás industrias que incumpren cos gandeiros.

Anterior
Anterior

Martín Seco acusa á Xunta de abandoar ao sector apícola galego.

Siguiente
Siguiente

Martín Seco acusa á Xunta de modificar as bases das axudas para que poidan beneficiarse empresas multadas polo incumprimento de Lei de Cadea Alimentaria