Solicitamos a reparación inmediata da estrada de subida a Santa Leocadia

O portavoz, Simón López, denuncia que “o PP non actúa con axilidade, nin sequera con maioría absoluta e ante múltiples solicitudes da veciñanza e da oposición”.

Imaxe 1.jpeg

Xa no pasado mes de febreiro o Grupo Municipal Socialista presentara unha pregunta ao Pleno, denunciando que a estrada de subida a Santa Leocadia se atopaba en pésimo estado de conservación, cun firme repleto de fochancas e deformidades e as gabias cheas de obstáculos para a auga. No escrito solicitábase realizar un aglomerado completo da pista, así como mellorar as proteccións existentes e instalar reflectores e pintura para a néboa.

Asemade, o 19 de maio a enxeñeira municipal explicaba nun informe que “a estrada municipal CM-026, en Santa Leocadia, presenta na actualidade un nivel importante de deterioro que fai necesario actuar sobre ela en aras da garantir a seguridade vial”.

O PP, en resposta ás peticións, suplementou orzamento para executar a obra este ano, pero segue sen abrirse a día de hoxe a licitación. Por todos estes motivos, e tras recibir numerosas peticións veciñais dende fai meses, o PSdeG-PSOE volve solicitar que se repare de forma inmediata a vía de subida a Santa Leocadia. Tamén se solicita que se deixe preparada a instalación de servizos (saneamento, auga, telecomunicacións, etc.) nas zonas que non contan cos mesmos, entre as que se atopan varias rúas na contorna da estrada.

Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE solicita a modificación do trazado proposto por Acciona para a alta tensión

Siguiente
Siguiente

A iniciativa do PSOE para declarar Arteixo zona de liberdade LGTBIQ sitúa ao concello na vangarda da igualdade e a tolerancia