Propoñemos un programa de arte urbano para loitar contra o feísmo

“Esta proposta funciona tan ben noutros municipios galegos que incluso atraen visitantes que fan rutas para desfrutar desta arte”, afirma o voceiro socialista, Simón López

Levaremos a pleno unha moción na que propoñemos un programa de arte urbano que mellore o aspecto das medianeiras sen rematar dos edificios, que provocan o feísmo urbano. A iniciativa pasa por poñer en marcha un plan con bases claras e específicas para arrombar con murais estes espazos.

“Esta proposta funciona tan ben noutros municipios galegos que incluso atraen visitantes que fan rutas para desfrutar desta arte”, indica o voceiro socialista, Simón López. Explica que se trataría dunha iniciativa de carácter temporal a realizar a través dun acordo cos propietarios das edificacións.

O Concello faise cargo da propia actuación e os propietarios comprométense a manter a pintura e aparencia conseguida durante un prazo de seis anos –o prazo de garantía do tratamento e protección da pintura-. Tendo en conta sempre as previsións das Normas Subsidiarias.

A proposta persegue dous obxectivos. Por un lado, evitar o deterioro urbano e a mala imaxe que xera, e, por outro, promover un movemento económico e dar visibilidade aos artistas implicados. “Contribúese á revitalización do entorno urbano e comercial, ademais de mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas de actuación, sen supoñer un custo para os donos da finca”, conclúe López.

city-urban-wall-color-artistic-blue-557852-pxhere.com.jpg
Anterior
Anterior

Guía do Patrimonio Ameazado polas liñas de alta tensión

Siguiente
Siguiente

Esiximos que se permita traballar á hostalaría de Arteixo