Sen partida para os terreos do novo colexio no orzamento municipal

“A urxencia dun novo centro educativo en Arteixo non se corresponde coa partida insuficiente prevista polo Goberno local para a expropiación dos terreos necesarios”, considera o voceiro do grupo municipal socialista, Simón López. O concelleiro participou hoxe na reunión dos voceiros sobre os orzamentos municipais para este ano.

As contas consignan unha partida de 100.000 euros “para expropiacións para futuros edificios municipais, unha cantidade insuficiente para a parcela onde está previsto a construción do futuro colexio”, indica López. O socialista recorda que conseguir os terreos é, ademais do paso previo, “fundamental” para que a Xunta destine uns fondos que este ano son “practicamente inexistente pola desidia, entre outras cousas, do Goberno local para conseguir os terreos necesarios”, cando aínda non está aprobado o plan especial.

Unha das nosas propostas será darlle un pulo ao parque de Monticaño para converter nunha grande área de ocio anexa a actual o antigo vertedoiro

Por outra parte, o documento non inclúe “un só euro” para a promoción de vivenda pública no concello. “A pesar da importancia de contar con vivenda pública, por desgracia non é ningunha sorpresa a súa ausencia nos orzamentos”, lamenta López que recorda que esta iniciativa a levamos a pleno a través dunha moción e foi rexeitada polo PP.

Unha vez estudiado en profundidade o presuposto do Goberno local, presentaremos unha serie de iniciativas que “melloren e satisfagan as necesidades veciñais”. López adianta que unha desas propostas estará encamiñada a darlle o pulo necesario ao parque de Monticaño para “converter nunha grande área de ocio anexa a actual o antigo vertedoiro”.

Anterior
Anterior

Pedimos por quinta vez que se convoque a Comisión de Seguimento do Coronavirus

Siguiente
Siguiente

Solicitamos se protexa provisionalmente un pozo roto polo desbroce municipal