Patricia Boedo renuncia por motivos personais á súa acta de concelleira da corporación municipal de Arteixo
A portavoz do grupo municipal socialista presentará oficialmente a súa renuncia esta semana pero continuará como vicesecretaria xeral dos socialistas arteixáns.
A voceira do grupo municipal socialista de Arteixo, Patricia Boedo, ven de comunicar nunha carta a militancia socialista a súa decisión de renunciar á acta de concelleira na corporación municipal do concello de Arteixo
Boedo explica na carta que é unha decisión moi meditada ”e que certamente me costou tomar”, pero motivos persoais fan que neste momento sexa a única decisión posible, aínda que tamén indica que é “un paso atrás dos que se dan para recuperarse e coller impulso” porque seguirá “comprometida co proxecto socialista e con Arteixo” e seguirá participando da vida orgánica do partido dende a Executiva Local do PSOE de Arteixo, da que é Vicesecretaria Xeral.
Na carta, a ata agora voceira dos socialistas arteixáns agradece o apoio dos seus compañeiros e compañeiras do Grupo Municipal e da Comisión Executiva Local, e da militancia pola “forza que sempre achegastes ao noso proxecto”
PATRICIA RAQUEL BOEDO NAYA
Patricia Boedo é concelleira desde as eleccións do 2019 nas que formaba parte da lista do candidato á alcaldía, Martín Seco, e voceira do grupo municipal socialista no concello de Arteixo desde maio de 2022. En 2023 foi a candidata dos socialistas arteixáns nas eleccións municipais.
Tamén e vicesecretaria xeral da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo e membro do Comité Provincial do PSOE da Coruña e do Comité Nacional do PSdeG