Os socialistas recollen as queixas dos pacientes do PAC de Arteixo pola posible vulneración de datos persoais

O grupo municipal socialista preguntaralle ao goberno local se son coñecedores da situación e se teñen previsto comunicalo ao SERGAS para garantir a protección de datos e a confidencialidade das doenzas dos enfermos

Os socialistas de Arteixo veñen de recoller múltiples denuncias públicas da cidadanía da vila polo trato recibido cando teñen que acudir ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde de Arteixo, xa que teñen que falar por vía dun telefonillo para dar os seus datos persoais e explicar cal é o seu motivo da visita a urxencias con algún traballador ou traballadora do PAC do centro de saúde.

Os e as pacientes quéixanse de vulneración do dereito a manter os seus datos persoais protexidos e manter as súas doenzas na confidencialidade dun profesional médico, sen que todo aquel que se atope no entorno da porta de entrada reciba dita información.

A voceira socialista, Patricia Boedo,  afirmou que “o SERGAS segue sen dar unhas indicacións claras para que garantindo a seguridade dos profesionais que traballan no PAC, se trate aos doentes que acuden a urxencias dun xeito correcto e con garantías dos seus dereitos” e é por iso que os socialistas preguntarán no pleno se no concello son coñecedores do que está a suceder na entrada ao servizo de urxencias do PAC , e se teñen previsto comunicarlle aos responsables do SERGAS as queixas que están a xurdir entre os pacientes que acuden a este servizo”, así como a petición de que  “garantan a protección de datos e a confidencialidade sobre as doenzas dos enfermos”, concluíu Boedo.

Anterior
Anterior

O PSdeG de Arteixo preguntará no pleno polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, o proceso de aprobación do novo inventario de bens, e a negociación dos deslindes con A Coruña e Culleredo.

Siguiente
Siguiente

O PSdeG pide a homoxenización do rueiro municipal de Arteixo