Os socialistas de Arteixo solicitan unha mellora da seguridade viaria en varios puntos do municipio

O PSOE denuncia a perigosidade da rotonda da escola infantil Vagalume e a mala sinalización da AC-52 en Candame.

O grupo municipal socialista de Arteixo manifestou no último pleno a inseguridade viaria existente en varios puntos do concello que precisan mellora tanto pola administración municipal como pola Xunta de Galicia.

O voceiro socialista, Martín Seco, advirte da perigosidade existente na contorna da rotonda da escola infantil Vagalume na estrada AC-415, que conecta a rotonda do Seixedo con Meicende. “Este punto precisa unha mellor sinalización previa por ambos sentidos para a diminución da velocidade dos vehículos que circulan pola AC-415 e a advertencia de obligación de cesión do paso aos vehículos que entran na rotonda ” explica Seco.

Os socialistas tamén denuncian a inexistencia dun tránsito seguro para os viandantes que circulan polo aparcamento municipal da rúa Ría de Vigo, que non ten zonas habilitadas para o paso de peóns, tanto dende as beirarrúas que se sitúan fronte ao aparcamento como no interior do propio aparcamento.  

Nas estradas de competencia autonómica, Martín Seco indica que a veciñanza se queixa da mala sinalización existente en dous puntos da AC-552 de A Coruña a Carballo, “un en Candame no paso de peóns que se sitúa fronte ao Telepizza e outro no primeiro paso de peóns existente dende a saída da rotonda do Seixedo cara A Coruña”.

“É preciso que o goberno local faga o seu labor” insiste Seco, tanto para mellorar a sinalización e control de paso dos vehículos na rotonda de Vagalume e instalar pasos para peóns nna contorna e dentro do aparcamento público da rúa Ría de Vigo, “porque son de competencia municipal”, e por outra banda, “ten que solicitar á Xunta de Galicia o pintado e sinalización dos pasos de peóns da AC-552 na Avenida de Fisterra fronte ao Telepizza e na Avenida Platas Varela no entorno do Ecuador”. 

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo denuncia o estado de abandono do parque de Monticaño 

Siguiente
Siguiente

O PSOE denuncia a inexistencia de vivendas propiedade do concello para dar solucións habitacionais en caso de necesidade