Os socialistas de Arteixo solicitan a instalación dun paso de peóns no antigo tramo da Avenida de Caión

O grupo municipal  socialista considera que o concello de Arteixo ten a obriga de darlle seguridade viaria aos seus cidadáns independentemente de quen sexa propiedade este tramo da Avenida de Caión polo que debe solicitalo ou pedir permiso para instálalo polos seus medios.

O grupo socialista no concello de Arteixo insta ao grupo de goberno do Partido Popular a solicitar de inmediato á administración competente a instalación dun paso de peóns no antigo tramo da Avenida de Caión ou a solicitar o permiso para levar a cabo dita instalación polos propios medios do concello do mesmo xeito que fai actuacións de seguridade viaria con sendas peonís en outras estradas de competencia provincial.

Este paso de peóns é unha demanda ao concello de Arteixo da veciñanza do antigo tramo da Avenida de Caión que circula cara a Catuxa no entorno do sinal de velocidade máxima de 40 Km/h porque o consideran esencial para aqueles que viven na marxe esquerda de dita rúa por non ter lugar onde cruzar con seguridade antes da chegada á rotonda que une esta vía co tramo novo da Avenida de Caión e a rúa Torrente Ballester cando camiñan cara o centro do núcleo de Arteixo ou volven cara as súas casas.

O antigo tramo da Avenida de Caión ten unha alta presenza de tráfico rodado a certas franxas horarias que pon en risco a seguridade dos viandantes, en moitos casos menores que acoden cara a Avenida Arsenio Iglesias aos colexios ou institutos.

A voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, indica que “independentemente de quen sexa propiedade este tramo” da Avenida de Caión, “o concello de Arteixo ten a obriga de darlle seguridade viaria aos seus cidadáns e debera solicitar a instalación de dito paso de peóns” no antigo tramo da Avda. de Caión ou pedir permiso para instalalo polos seus medios”.

Anterior
Anterior

Atacan con pintura a Casa do Pobo dos socialistas de Arteixo

Siguiente
Siguiente

O PSdeG- PSOE de Arteixo reclama o apoio do goberno local ao tecido social de Pastoriza para a dinamización da romaría tradicional.