Atacan con pintura a Casa do Pobo dos socialistas de Arteixo

O secretario xeral do PSOE arteixán denuncia o asalto diante da Garda Civil e laméntase do carácter antidemocrático dos autores do ataque.

A sede do PSOE de Arteixo foi atacada con pintura negra na madrugada do 1 de outubro tal como ten denunciado o secretario xeral dos socialistas arteixáns , Martín Seco, nas súas redes sociales.

Nunha mensaxe na rede social Twitter, Martín Seco denunciaba que  “así amencía a Casa do Pobo de Arteixo despois do ataque dalgún desaprensivo” cunha foto na que se podía apreciar pintadas na cristaleira y o rótulo da sede dos socialistas. “Presentamos a pertinente denuncia na Garda Civil e  despois dunha sesión de limpeza, volvemos sorrir” continuaba o secretario xeral dos socialistas de Arteixo incluíndo unha foto da denuncia e outra na que se pode ver o aspecto da sede trala limpeza das pintadas.

“Señores da dereita sigan ríndolle as grazas e dándolles espazos de poder á extrema dereita” lamentábase Seco no seu seu chío, aludindo ao carácter antidemocrático de intolerancia e intransixencia dos partidos de extrema dereita que xeran estas actitudes delitivas.

Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia que os orzamentos da Xunta non poñen nin un só euro nas necesidades prioritarias da veciñanza de Arteixo.

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo solicitan a instalación dun paso de peóns no antigo tramo da Avenida de Caión