Os socialistas de Arteixo denuncian o estado de abandono do lavadoiro e a fonte no camiño de Oseiro a Rañobre.

O grupo municipal socialista preguntará no pleno polos programas de mantemento e recuperación dos lavadoiros e fontes do concello.

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia o estado de abandono do lavadoiro e da fonte no camiño de Oseiro a Rañobre, así como o do camiño tradicional que segue a ser utilizado pola veciñanza para as camiñatas diarias.

Os socialistas veñen de recoller as queixas dos veciños da parroquia de Oseiro e de comprobar os numerosos desperfectos na estrutura do lavadoiro (ferralla nas columnas, tuberías rotas, buracos no tellado), a maleza na fonte e auga enlamando o camiño.

Non é a primera vez que os socialistas se interesan pola limpeza e mantemento dos distintos lavadoiros existentes no termo municipal, porque “somos coñecedores de que estos elementos tradicionais dispoñen dunha planificación de mellora, recuperación, limpeza e mantenemento” explica a voceira socialista, Patricia Boedo, que recorda que xa en setembro de 2018 denunciaron o abandono desta zona e en multitude de ocasións “demos aviso telefónico dos problemas de accesibilidade que presentaba por mor da vexetación invadindo os accesos”

Para Boedo “esta é unha mostra mais da nefasta xestión e da nula capacidade de resolución dos problemas da vida cotiá da veciñanza” do goberno municipal en maioría absoluta do Partido Popular, e preguntarán no pleno polas accións que o goberno local levou a cabo na rúa Rañobre nestes 4 anos;  se a fonte, o lavadoiro e o camiño da rúa Rañobre están incluídos nalgún dos programas de obras municipais; cando ten previsto o goberno local realizar unha actuación no lugar ou se teñen previsto incluíla nalgúns dos programas de mantemento e recuperación de lavadoiros e fontes.

Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE de Arteixo instará ao goberno local a dar explicacións sobre a orde de derriba dunha gasolineira local

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE de Arteixo insta ao goberno local a cubrir o campo da festa de Uxes e a abrir un Centro Social cun parque de xogos infantil en Morás do medio.