Os socialistas de Arteixo denuncian o abandono dos camiños e rúas no barrio de Baer

A pesar das promesas do goberno local, o barrio presenta un pavimento en moi malas condicións, falta de seguridade viaria para os peóns, un estado do mobiliario urbano lamentable e un entramado de cableado áereo e postes excesivo. 

Martín Seco: “Mentres o goberno local se queixa das infraestruturas viarias pertencentes ás administracións provincial ou estatal, a veciñanza de Baer ten que sufrir o abandono dos camiños e rúas que dependen do goberno local”

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia o abandono dos caminos e rúas no barrio de Baer e solicita que o goberno local execute as obras necesarias de reparación.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, expón que “mentres o goberno local se queixa das infraestruturas viarias pertencentes ás administracións provincial ou estatal, a veciñanza de Baer ten que sufrir o abandono dos camiños e rúas que dependen do goberno local”, porque nun paseo polo barrio “calquera pode atopar o pavimento en moi malas condicións, falta de seguridade viaria para os peóns, e un estado do mobiliario urbano lamentable cun entramado de cables aéreos e postes excesivo”.

O portavoz socialista insta ao grupo de goberno a actuar “nunha zona que pertence ao núcleo urbano de Arteixo e que debera de ser obxecto dun mantemento integral sen demora” e a executar as obras necesarias no barrio de Baer para ter uns camiños e rúas cun pavimento axeitado, e  espazos para dar seguridade á veciñanza na súa mobilidade peonil así como limitar a velocidade dos vehículos.

Os socialistas reclaman tamén que o goberno municipal renove o mobiliario urbano en mal estado e solicite ás empresas eléctricas e de comunicacións unha reforma no seu sistema de postes e cableado.

 

Anterior
Anterior

Sen noticias sobre o local para a Asociación Veciñal Manuel Murguía de Arteixo

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo solicita ao goberno local un informe sobre as condicións laborais do persoal do servizo municipal de recollida de lixo