Simón López: “O asfaltado da estrada Monteagudo-A Cachada supón unha nova ‘chapuza’ do Concello de Arteixo”

Asfaltado Monteagudo.jpg

Á esquerda, imaxe da estada tras a actuación

O voceiro socialista no Concello, Simón López, visitou esta semana as obras de aglomerado e pintado da estrada DP-0505, que comunica Monteagudo con A Cachada, quedando sorprendido pola “auténtica chapuza” que realizou o goberno municipal do PP.

As obras consistiron nun parcheado do firme en varias zonas, mais deixando sen arranxar algúns dos puntos máis problemáticos, como a conexión coa estrada Paiosaco-Caión.

Ademais, o pintado que se realizou está limitado ás zonas asfaltadas, deixando gran parte da estrada sen ningún tipo de actuación.

O Partido Socialista xa levara o mal estado desta estrada ao pleno de novembro do 2020, tendo que pasar case 10 meses para que o Goberno Local actuase.

Anterior
Anterior

O PSOE reclama a construción de vivenda pública nos novos desenvolvementos urbanísticos de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Denunciamos o pésimo estado de moitas das zonas verdes do Concello, e solicitamos un Plan de Choque ao Pleno