O PSOE de Arteixo solicita beirarrúas para o tránsito seguro de péons na nova vía que comunica as rúas Torrente Ballester e República Arxentina
As persoas con cadeiras de rodas e carriños de bebé teñen que transitar entre os vehículos aparcados sen control pola falta de planificación de beirarrúas na súa apertura.
O grupo municipal socialista de Arteixo solicitará no vindeiro pleno a construcción de beirarrúas para o tránsito seguro de péons na nova vía que comunica a rúa Torrente Ballester coa rúa República Arxentina
O portavoz socialista, Martín Seco, expón que hai máis de tres meses que remataron as obras desta nova rúa pero que dende a súa finalización “a veciñanza do barrio se pregunta como se vai regular o tránsito de peóns” tendo en conta que esta zona necesita espazos para poder transitar con seguridade.
Según explica Seco a zona peonil desta nova vía "resulta intransitable” porque os coches “aparcan sen control” e as persoas con cadeiras de rodas e carriños de bebé teñen que transitar entre os vehículos aparcados, “pola falta de planifiación de beirarrúas na súa apertura”.
“Pedímoslle ao grupo de goberno que leve a cabo as actuacións necesarias nesta nova rúa para ter espazos habilitados para o aparcamento de vehículos que convivan cun tránsito seguro dos viandantes” remata o portavoz socialista. .