O PSOE de Arteixo organiza unha charla informativa sobre o proxecto do parque eólico de Carboeiro en Loureda
Ademais da voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, na charla participarán os voceiros socialistas de medio ambiente e industria no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena e Martín Seco, Roberto Vilela de “Ecoloxistas en Acción” e Leandro del Río, arquitecto da plataforma “Salvemos a comarca de Ordes”.
Os socialistas de Arteixo organizan unha charla informativa sobre o proxecto do parque eólico de Carboeiro en Loureda o vindeiro domingo 19 de xuño ás 11:30 no centro social de Foxo para aclarar ás dúbidas xeradas polo proposta de Green Capital Power anunciada pola Xunta que afectará a territorios de Arteixo, A Laracha e Culleredo.
Na charla organizada polos socialistas arteixáns intervirán a portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Arteixo, Patricia Boedo; Roberto Vilela de “Ecoloxistas en Acción”, Leandro del Río, arquitecto da plataforma “Salvemos a comarca de Ordes”; Roberto Vilela de Ecoloxistas en Acción e Asociación Quijote de Outes, así como os voceiros socialistas de Medio ambiente e Industria no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena e Martín Seco.
O obxectivo do encontro é aclarar as dúbidas sobre este proxecto á veciñanza de Arteixo que está preocupada por quen o autoriza, como afecta aos propietarios, se poden expropiar ou non as propiedades, que se pode negociar cos promotores, que pode facer o concello pola veciñanza afectada, se hai posibilidade de presentar alegacións e sobre todo como afecta este parque aos núcleos de Santa Leocadia e do Valle e que se pode facerao respecto.
Para a voceira municipal dos socialistas de Arteixo, Patricia Boedo, “é preciso que a veciñanza teña unha información rigurosa dun proxecto que afecta a 300 propiedades de Arteixo para poder tomar as decisións correctas e que o goberno local poña a disposición dos veciños e veciñas unha oficina de asesoramento xurídico e urbanístico.”
A charla informativa será o vindeiro domingo 19 de xuño ás 11:30 no Centro Social do Foxo en Loureda.