O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a tomar as medidas necesarias para acabar coas irregularidades no Servizo de Axuda a Domicilio.

A candidata socialista á alcadía de Arteixo, Patricia Boedo, comprométese a iniciar o proceso de municipalización do SAD se recibe o apoio da cidadanía no mes de maio.

Os socialistas arteixáns esixen ao goberno local que tome as medidas necesarias para acabar coas irregularidades denunciadas na mobilización dos familiares de usuarios do servizo de axuda a domicilio, con cambios diarios nos horarios de servizo, que provocan numerosos inconvintes a usuarios e familias e tamén os continuos cambios de persoal das empresas concesionarias que provocan unha situación de adaptación e aprendizaxe continuo intolerable para os usuarios con mobilidade reducida.

No mes de xuño de 2022 o grupo socialista xa levou ao pleno unha batería de preguntas preocupados polas noticias que saían nos medios de comunicación sobre as denuncias das traballadoras do servizo que acusaban ás empresas de non respectar os seus dereitos e os dos usuarios, cun “asoballamento” que causaba múltiples baixas laborais por estrés e despidos.

A voceira socialista, Patricia Boedo relata que “en lugar de atopar a complicidade do grupo de goberno” coa situación que estaban a vivir as traballadoras, para esixir que as empresas cumplisen co prego de condicións asinado co concello “vimos como a responsable do departamento de servizos sociais atacaba ás traballadoras e acusaba á poboación de non querer traballar e preferir cobrar o ingreso mínimo vital ou a RISGA que exercer a súa profesión”

Á situación de conflito de maio engádense agora as reivindicacións das familias dos usarios que veñen de mobilizarse para denunciar o abandono ao que somete o concello aos maiores en situación de dependencia e para esixir un servizo digno para maiores e dependentes do concello e acusan ao goberno local de desatender as súas reclamacións, con contestacións da concelleira responsable como “senon estás contenta co servizo, dao de baixa”.

Boedo insiste en que “os socialistas non podemos tolerar este tipo de xestión dos servizos sociais” e instan ao goberno local nunha moción presentada para o pleno ordinario deste mes a tomar as medidas necesarias para acabar coas irregularidades no Servizo de Axuda a Domicilio, así como coñecer a situación dos contratos de prestación do SAD e se as empresas concesionarias teñen aberto algún procedemento sancionador por incumprimento do prego de condicións asinado co concello.

A voceira socialista e candidata do PSOE de Arteixo á alcaldía  sinala que “o goberno local debera actuar con determinación para rematar cos continuos problemas laborais que sufren as traballadoras dun servizo esencial para a dignidade dos nosos maiores e para a conciliación da vida das súas familias”, polo que no caso de obter a confianza da cidadanía no mes de maio  “o primeiro que farei como alcaldesa é comenzar cos trámites para municipalizar este servicio, cambiando o obxecto social da empresa SUMARTE, para que a nosa empresa pública faga unha xestión directa que permita un mellor funcionamiento, un maior control e coordinación do mesmo e unha mellora sustancial das condicións laborais da plantilla, que é maioritariamente feminina é a teñen precarizada” remata Boedo.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo presentan unha moción para que o concello sexa“pet friendly”

Siguiente
Siguiente

Boletín de noticias #SocialistasArteixo Nº 9