O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a rematar as obras establecidas no convenio de cesión do polígono de Sabón

Os socialistas estiman que quedan sen executar máis de 3,6 millóns de euros en obras necesarias para o polígono que tiñan que ser rematadas en 2017 e que foron prorrogadas en dúas ocasións ata 2025.

O grupo municipal socialista presentará unha moción no pleno de marzo para que o goberno local informe aos membros da corporación do nivel de execución actual do convenio de cesión do polígono de Sabón, asinado con Deputación da Coruña hai 13 anos, ao tempo que lle insta a rematar as obras antes da data de finalización asinada na prórroga do devandito convenio.

O goberno local do PP en Arteixo asinou un protocolo coa Deputación da Coruña para a cesión do polígono industrial de Sabón ao concello hai 13 anos, e a finais de 2014 establecíase un investimento da Deputación da Coruña de case 6 millóns de euros en obras e infraestruturas para dito polígono.

O convenio, asinado baixo a presidencia do PP na Deputación de A Coruña, establecía o 31 de outubro de 2017 como data máxima para a finalización das obras, pero foi modificado en 2016 establecendo unha prórroga ata o 12 de decembro de 2018, que volveu ser prolongado ata finais de 2025.

Os socialistas estiman que quedan sen executar máis de 3,6 millóns de euros en obras necesarias para o polígono “que poden quedar sen investir pola ineficaz xestión do goberno local“.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo denuncian a perda dunha subvención da Deputación para a Escola de Barrañán pola mala xestión do goberno municipal

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo acusan ao goberno municipal de “xogar ao despiste” coa segunda residencia de maiores de Arteixo