O PSOE de Arteixo denuncia a precaria situación da atención primaria en Arteixo 

Solicitan recuperar o segundo médico fixo do PAC de Urxencias de Arteixo cunha nova ambulancia e a ampliación do Centro de Saúde de Arteixo.

Tamén demandan máis profesionais e especialistas para os Centros de Saúde de Arteixo, Vilarodís e o ambulatorio de Meicende, para evitar as listas de agarda e manter atendido o servizo de pediatría.

O grupo municipal socialista de Arteixo presentará unha moción no pleno de xuño para que o goberno municipal inste a Xunta a reformular as súas políticas en materia sanitaria, especialmente no ámbito da atención primaria, que está a provocar unha situación lamentable na atención primaria en Arteixo.

O portavoz socialista, Martín seco, argumenta que a situación da atención primaria en Galicia está a mostrarse como unha fonte de preocupación da ciudadanía, “e tamén en Arteixo” e denuncia a necesidade urxente de  recuperar un segundo médico fixo do PAC de Urxencias de Arteixo cunha nova ambulancia e a ampliación do Centro de Saúde de Arteixo que está “totalmente saturado”.

Seco tamén demanda máis profesionais e especialistas para os Centros de Saúde de Arteixo, Vilarodís e o ambulatorio de Meicende, para evitar as listas de agarda e manter atendido o servizo de pediatría

Os socialistas reclaman un cambio no modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas posibles para formar novos profesionais, así como mellorar as condicións laborais e poder ter máis profesionais que atendan á poboación coa maior calidade asistencial posible.

“A nivel asistencial a atención primaria sufre as peores consecuencias durante o período estival porque non se está a substituír aos facultativos, e os médicos vense obrigados a dobrar quendas para cubrir aos compañeiros ou cerrar consultas, como ocorre nos centros de saúde de Arteixo” afirma o concelleiro socialista, quen engade que  cando os especialistas están de vacacións ou están de baixa por incapacidade temporal, non se cubre a súa praza “obrigando aos usuarios a desprazarse aos concellos limítrofes ou esperar a súa volta”.

Por outra banda os socialistas denuncian que coa diminución dos médicos de urxencia do PAC de Arteixo, con un só facultativo fixo, o servizo “está desasistido” moitas veces cando o profesional ten que saír a algunha urxencia e ter só unha ambulancia ao seu dispor.

Martín Seco engade que “ademais de todo isto, temos que observar como o centro de saúde de Vilarodís e Meicende teñen que compartir profesionais e carecen do servizo de pediatría a diario” e denuncia que “dende o SERGAS son incapaces de poñer unha quenda de tarde no ambulatorio de Meicende, por non falar da necesidade de ampliación do Centro de Saúde de Arteixo, que os profesionais levan pedindo tanto tempo”

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo denuncian a nefasta planificación dos campamentos “Concilia 2024”

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo reclaman unha rede de aulas de estudo municipais