O PSOE de Arteixo acusa ao goberno local de deixar nun caixón as necesidades da parroquia de Barrañán 

Os socialistas denuncian a falta de investimento en infraestruturas nesa parroquia e pídenlle ao goberno do Partido Popular o arranxo inmediato do Camiño de Area e o control de verteduras á estrada

O grupo municipal socialista de Arteixo acusa ao goberno popular de Carlos Calvelo de “deixar nun caixón” as necesidades da parroquia de Barrañán que tralos 12 anos continuados de goberno do PP no Concello de Arteixo non ten recibido ningunha mellora substancial da calidade de vida.

Para os socialistas é prioritario que o grupo de goberno do Partido Popular arranxe de inmediato o camiño de Area que vai dende o Centro Social ata a Seara e inspeccione mediante a empresa pública SUMARTE  aquelas vivendas que non están conectadas ao sistema de saneamento e verten á beirarrúa sen control.

A portavoz municipal socialista, Patricia Boedo, sinala que a pesar da “inxente cantidade de fondos nos orzamentos” que aproba ano tras ano o goberno local do PP “coa súa maioría absoluta”, a única actuación salientable foi a obra de ampliación da antiga escola unitaria no barrio de Outeiro, financiada case que na súa totalidade con fondos da Deputación Provincial de A Coruña.

“O resto das necesidades da parroquia están metidas nun caixón” engade Boedo, “e xa non imos a falar de posibles actuacións a futuro, porque non están nin se esperan” nunha parroquia que ten grandes posibilidades de desenvolvemento dos seus núcleos, con amplas oportunidades turísticas e de protección medio ambiental que o goberno local non sabe como articular “porque hai que recordar que seguimos cun PXOM paralizado”

Anterior
Anterior

O PSOE insta ao goberno local a reforzar urxentemente o Centro de Información ás Mulleres de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo dudan do funcionamento do sistema VIOGEN no concello e reclaman coñecer as estatísticas dos casos atendidos pola Policía Local