O PSOE alerta da escaseza de espazos de aparcamento nos núcleos urbanos de Arteixo a pesares do programa aprobado polo goberno local en 2021 para gañar prazas de estacionamento
O grupo municipal socialista preguntará no pleno de xullo pola situación do programa “Esponjamiento de espazos públicos” co que se pretendía solicitar aos propietarios a cesión de solares urbanos sen uso para convertelos en zonas de esparexemento e gañar máis prazas de estacionamento para os vehículos.
O grupo municipal do PSdeG-PSOE preguntará no pleno de xullo pola situación da execución do programa “Esponjamiento de espacios públicos” aprobado en agosto de 2021 trala proposta dunha iniciativa socialista ante a falla de prazas de aparcamento nos núcleos urbanos de Arteixo.
O programa proposto polo goberno local de “Esponjamiento de espazos públicos” consistía en solicitar aos propietarios a cesión de solares urbanos sen uso para convertelos en zonas de esparexemento (con bancos e mobiliario pequeno) e, sobre todo, para gañar máis prazas de estacionamento para os vehículos. Con esta medida
os propietarios evitaban o custo do mantemento xa que o concello asumiría a limpeza dos solares e o custe do IBI durante o tempo que durase a cesión.
“Despois de dous anos do anuncio do programa e un da súa aprobación segue a haber unha escaseza preocupante de espazos de aparcamento nos núcleos urbanos da localidade e nada se sabe de cantos solares se acolleron ao programa” explica a voceira socialista, Patricia Boedo.
“O goberno local falaba en 2021 duns 157 solares sen edificar coas características adecuadas para acollerse ao programa” según Boedo, pero os socialistas indican que se descoñecen as actuacións que leva realizadas o concello para conseguir a inclusión deses solares localizados como posibles integrantes do programa, cantos se acolleron definitivamente ao programa e que valoración fai o goberno local ao respecto. “Ademáis preguntaremos cómo pensan actuar ante a falla actual de espazos de aparcamento nos núcleos urbanos de Arteixo” remata a voceira socialista.