O PSdeG-PSOE pide o arranxo do firme da senda peonil que sae da rúa Sevilla e Codeseira de Meicende na entrada ao parque da Cega.

Os socialistas de Arteixo consideran necesario priorizar as inversións en seguridade e a calidade de vida dos maiores e da xente con dificultades de  mobilidade.

Arteixo, 06 de Maio de 2022 | O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE pediralle ao grupo de goberno do PP no concello de Arteixo o arranxo inmediato do firme da senda peonil que vai dende a rúa Sevilla e Codeseira de Meicende na entrada ao parque da Cega, situado entre o colexio e a igrexa no próximo pleno ordinario.

A voceira socialista no concello, Patricia Boedo, explica que recibiu a solicitude da veciñanza, pola situación de inseguridade que ten o firme dunha senda que utilizan moitos veciños do barrio para circular dende o Petón cara a Travesía de Meicende e alertaban sobre todo do que sufrían as persoas maiores e as que teñen mobilidade reducida ao circular por dito firme a pé e en cadeira de rodas.

A voceira declara que “é fundamental para os socialistas de Arteixo que nun concello con tanta capacidade económica, se prioricen as inversións en seguridade e a calidade de vida dos nosos maiores e xentes que teñen dificultades para a súa mobilidade”, e aproveita para pedirlle ao goberno de Carlos Calvelo que “despois de 11 anos de goberno, xa é hora de que actúen contra a situación de abandono que sofren os veciños do Petón, un barrio que sufriu unha degradación derivada da falla de inversión e planificación do actual goberno local, que semella que non lle preocupa a perda de valor das propiedades da veciñanza deste barrio e a crecente inseguridade que teñen que soportar”

Anterior
Anterior

A voceira do PSdeG de Arteixo pide o impulso necesario para o proxecto estancado “Arteixo Innovación” que debe fomentar a excelencia da educación dos estudantes.

Siguiente
Siguiente

Patricia Boedo substitúe a Simón López como voceira do grupo municipal socialista de Arteixo