A voceira do PSdeG de Arteixo pide o impulso necesario para o proxecto estancado “Arteixo Innovación” que debe fomentar a excelencia da educación dos estudantes.

Patricia Boedo sinalou que o proxecto converteuse nunha liña de subvencións aos centros educativos para dotalos daqueles materiais tecnolóxicos que non  financia a Consellería de Educación pero que se necesita “un goberno local que exerza o liderado na xestión e dirección política do proxecto”.

Patricia Boedo, voceira do grupo municipal socialista de Arteixo

Arteixo, 10 de Maio de 2022 |  A voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, participou na mesa de debate das xornadas “Educa TIC 2022” sobre a posta en marcha dun espazo de co-creación no concello de Arteixo, e trasladou a petición do Grupo Municipal Socialista ao goberno local para que medite sobre o futuro que quere para o proxecto “Arteixo Innovación” nos centros educativos,  e a necesidade de darlle o impulso necesario, porque despois de 10 anos nas mans do concello semella estar estancado e convertido nunha liña de subvencións de materiais tecnolóxicos para os centros educativos arteixáns.

Para a voceira socialista, o proxecto herdado no 2012 da “Fundación Amancio Ortega” e que estaba formulado para fomentar a excelencia na educación que recibe o alumnado de Arteixo, implicando aos equipos docentes dos centros educativos arteixáns e facilitándolles os medios para poder facelo, converteuse dende fai dez anos nunha liña de subvencións aos centros educativos para dotalos daqueles materiais tecnolóxicos que non  financia a Consellería de Educación, “unha subvención que valoramos positivamente pero necesitamos de fórmulas que motiven e impliquen aos equipos docentes dos centros educativos” sinalou Patricia Boedo,  e engadiu que “necesitamos un goberno local que exerza o liderado na xestión e dirección política do proxecto”.

A voceira do grupo municipal socialista indicou que “resulta inquietante escoitarlle ao goberno local falar de novos espazos de creación, cando renuncia a dinamizar os nosos centros cívicos, sociais e culturais, mentres ten paralizada a creación dun espazo de coworking, mentres carece dunha programación socio-cultural propia e incumpre o acordo que tiña co noso grupo para asumir a proposta socialista dunha “Casa das Artes” como mecanismo de apoio a creadores e entidades culturais do noso concello”

Boedo pídelle ao goberno local que poña os medios humanos e a dirección política necesaria para que Arteixo se convirta nun referente educativo e cultural da comarca e que “non se conforme con ser un mero repartidor de subvencións nun concello que ten altas capacidades económicas, que ten nove dedicacións exclusivas e sete asesores no goberno local que na maioría dos casos non exercen esa función para a que teñen o seu salario.”

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo piden declarar o concello de Arteixo, concello libre de LGTBIfobia.

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE pide o arranxo do firme da senda peonil que sae da rúa Sevilla e Codeseira de Meicende na entrada ao parque da Cega.