O PSdeG- PSOE de Arteixo solicita ao goberno local que a “Conferencia Estratéxica” convocada polo alcalde tres meses antes das eleccións municipais se realice despois do proceso electoral
Os socialistas consideran que debera terse realizado dende o inicio da lexislatura durante os tres anos e medio de mandato previos á celebración dos comicios municipais e debe ser aprazado ata a toma de posesión da nova corporación.
Os socialistas de Arteixo expresan que a “Conferencia Estratéxica” convocada esta semana polo alcalde interfire gravemente no proceso democrático previo ás elección municipais e que debera de terse realizado dende o inicio da lexislatura durante os tres anos e medio de mandato previos á celebración dos comicios municipais polo debe ser aprazado ata a toma de posesión da nova corporación.
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Arteixo entende que nun concello en constante crecemento “é esencial contar cunha estratexia e planificación a medio e longo prazo” e que esta debe de ser establecida despois de escoitar á veciñanza e os diversos colectivos que desenvolven a súa actividade no noso concello, explica Patricia Boedo.
A portavoz dos socialistas arteixáns lembra que “nesa liña o noso grupo colaborou activamente co goberno local sempre que foi convocado” e que esa colaboración “ foi posta en valor polo anterior asesor do goberno local encargado da elaboración do Plan Novoarteixo 2020” porque resultou un éxito de cara a consecución de fondos europeos para o concello.
Pero despois de 2016 e “pese ao compromiso do goberno local” de seguir convocando reunións cos grupos da oposición e os diversos colectivos do concello, “pasamos 6 anos sen que se contara con ninguén fora do ámbito do goberno local para falar da situación do plan e a estratexia e planificación do futuro do noso concello” sinala Boedo.
Esta semana os distintos actores e sectores de Arteixo veñene de recibir unha convocatoria de reunión “para afrontar os próximos desafíos como parte do proceso de elaboración da estratexia do municipio que se celebraría o vindeiro16 de febrero. “Nada máis e nada menos que tres meses antes da celebración das eleccións municipais e en pleno período preelectoral no que as organizacións políticas estamos elaborando o noso programa e mantendo contactos coa cidadanía e os seus colectivos” advirte a concelleira socialista.
Os socialistas entenden que “este tipo de convocatorias é positivo “ pero que deberan de terse realizado durante os tres anos e medio de mandato previos á celebración das eleccións municipais, polo que “a nosa organización está a disposición de participar activamente dende o inicio do próximo mandato municipal en todas as reunións ás que sexa convocado”. Pero Patricia Boedo expón que facelo agora “interferiría gravemente no proceso democrático no que estamos inmersos e non favorecería un debate sereno e a búsqueda de acordos”, tal e como se fixo para a aprobación do Plan Novoarteixo.
“Dende o Grupo socialista no concello de Arteixo pedirémoslle ao grupo de goberno do Partido Popular que despois de máis de 6 anos de espera e tendo en conta que este encontro está convocado a 3 meses das eleccións municipais, aprace ata a toma de posesión da nova corporación a celebración deste encontro chamado “Conferencia Estratéxica”, para ter un mellor clima de debate e acordo entre todos os membros da corporación local, algo que agradecerá a nosa cidadanía” remata a voceira socialista.