O PSdeG-PSOE de Arteixo apoia as reivindicacións dos traballadores de JEVASO en Sabón

Os socialistas arteixáns secundarán a manifestación que os traballadores da provedora téxtil teñen convocada para  o venres 25 de novembro para reclamar condicións laborais dignas en materia de descanso, xornada ou saúde laboral.

O PSdeG-PSOE de Arteixo apoia as reivindicacións dos traballadores das fábricas de JEVASO que denuncian unha situación de precariedade laboral e reclaman condicións laboráis “dignas”.

A sección sindical de UGT na compañía téxtil que ofrece servizos auxiliares a empresas do sector, como confección ou loxística,  e conta nas instalacións de Arteixo cun cadro de persoal dunhas 600 persoas e case 400 persoas contratadas a través de empresas temporais de emprego, ven de solicitar o apoio dos grupos municipais no concello de Arteixo para as súas reivindicacións.

Os socialistas súmanse ás peticións dos traballadores  e apoian a solicitude dunha  declaración institucional desde o Concello de Arteixo  porque  “como socialistas non podemos mirar cara outro lado diante dunha petición dos traballadores dunha empresa do noso concello” afirma a voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, “e esperamos que o resto de grupos fagan o mesmo”.

Támen urxen ao alcalde a fixar a data da reunión que solicita a sección sindical de UGT na empresa para escoitar a situación na que desenvolven o seu traballo e para instar  á  dirección da empresa desde o concello a  que negocie coa representación dos traballadores/as melloras nas condicións laborais, sociais e de prevención de riscos.

“Por suposto, os socialistas arteixáns secundaremos a manifestación que os traballadores da provedora téxtil teñen convocada para  o venres 25 de novembro” afirma a voceira socialista.

 

Anterior
Anterior

Levamos a pleno | Novembro 2022

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo critican que o goberno municipal desatenda as numerosas peticións da veciñanza de Oseiro