O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia a falla de organización e xestión política da concelleira de Cultura
Os socialistas presentarán un rogo para instar á responsable de cultura do goberno local a asumir as súas competencias ante a deficiente dirección do seu departamento que anuncia o festival de Sisalde só con catro días de antelación e nada se sabe áinda da “Feira histórica 1900” cando estamos a finais de setembro.
O grupo municipal socialista presentará un rogo no pleno do mes de setembro para instar á concelleira delegada de cultura do concello de Arteixo que asuma as súas responsabilidades á fronte do departamento, que como veñen denunciando reiteradamente, carece de orientación política e de capacidade para elaborar unha axenda cultural para un concello das dimensións e trascendencia de Arteixo cun orzamento que sobrepasa os 60 millóns de euros.
Os socialistas arteixáns afirman que levan anos denunciando “a falla de capacidade do goberno local para desenvolver unha axenda cultural propia no noso concello” según a súa voceira, Patricia Boedo, e acusan ao grupo de goberno de “programar exclusivamente o que ven proposto dende outras administracións e subcontratar con empresas a celebración dos eventos do noso concello”.
“Resulta incomprensible que un concello con máis de 60 millóns de euros de orzamento teña que publicar a programación do festival de Sisalde catro días antes da súa celebración” explica a voceira dos socialistas de Arteixo, ou que case a finais de setembro a cidadanía non coñeza áinda cando se realizará a Feira Histórica 1900 nin a súa temática anual, “tendo en conta que é unha festa na que se pide a implicación da veciñanza e á que moitos arteixáns dedican o seu tempo e diñeiro para elaborar a súa vestimenta de época”.
O grupo socialista engade que existe moito malestar entre os veciños de parroquias como Meicende, Oseiro ou Loureda que ven como este ano quedaron sen a celebración das súas festas pola falla de comisións que asuman esa responsabilidade, “algo que debería facer a concelleira de cultura asumindo a organización das festas en lugares urbanos nos que as comisións de festas teñen un difícil acomodo, tendo en conta a dedicación exclusiva que ten a cargo dos orzamentos do concello,” explica a socialista, lembrando que esta proposta xa a fixo o grupo socialista para o núcleo de Arteixo e tempo despois o grupo de goberno acabouna asumindo.
“Ademais deberan entender que unhas festas non son a simple contratación dunha promotora que xestiona orquestas, existen moitas máis actividades lúdicas, infantís, musicais, teatrais e doutros ámbitos que se poden realizar durante as festas, só hai que poñerlle traballo e ambición nunha programación que ademais xenera riqueza e emprego no noso territorio e non conformarse coa pobre de xestión que fixo a concellería de cultura para este 2022” remata Boedo.