Solicitaremos unha reunión de toda a corporación para consensuar os pasos a dar na liberación da peaxe da AG-55

Solicitaremos ao Goberno local a convocatoria dunha reunión con todos os grupos da corporación para tratar de consensuar as seguintes actuacións trala última decisión xudicial sobre a peaxe de Pastoriza. “A liberación da peaxe da AG-55 é algo no que estamos de acordo todos os grupos políticos de Arteixo e os pasos dados ata o de agora contaron cun amplo respaldo en pleno. Gustaríanos que se manteña esa liña”, expón o voceiro do grupo municipal socialista, Simón López.

 Os socialistas de Arteixo defenderemos “sempre os intereses dos cidadáns de Arteixo” e reclamarémoslle “a quen faga falta” a eliminación da peaxe por “inxusta”

A AG-55 construíuse con diñeiro público e foi a Xunta do PP -co beneplácito do grupo popular arteixán- a que decidiu instalar as cabinas de peaxe. “Despois da decisión da Audiencia Nacional, queremos coñecer as opcións reais dun novo recurso, porque seguir con preitos cun probable mesmo resultado é malgastar o diñeiro público. É hora de reclamarlle á Xunta que asuma as súas responsabilidades e corrixa un agravio de fai anos, non só para os veciños de Arteixo, senón de toda a comarca coruñesa e brigantina”, sinala López.

Non obstante, o voceiro socialista subliña que o os socialistas de Arteixo defenderemos “sempre os intereses dos cidadáns de Arteixo” e reclamarémoslle “a quen faga falta” a eliminación da peaxe por “inxusta”.

Anterior
Anterior

A lama na rúa Rañobre supón un risco para a circulación

Siguiente
Siguiente

“O procedemento de contratación en Arteixo é opaco, cun abuso claro dos contratos a dedo”