Carlos Calvelo inicia o seu mandato pasando do “diálogo” ao “rodete” da súa maioría absoluta, e deixa á  oposición sen medios para exercer o seu traballo de fiscalización do goberno

Os socialistas de Arteixo denuncian que Calvelo coarta o labor da oposición pervertendo o concepto de proporcionalidade cando designa todas as dedicacións e os postos de persoal de confianza ao grupo popular e ningunha ao resto de grupos.

Os socialistas veñen de denunciar no pleno de organización celebrado esta mañá no Concello de Arteixo que o alcalde Carlos Calvelo deixe sen ningún tipo de medio persoal ou económico á oposición que lle permita realizar o seu labor de fiscalización do goberno, mentres aumenta significativamente o importe das dedicacións exclusivas, persoal de confianza e dietas por asistencia a xuntas de goberno para os sus compañeiros  e compañeiras do Partido Popular.

“O PP acapárao todo” afirma Patricia Boedo, voceira do grupo municipal socialista, “para coartar así os mecanismos para o exercicio de oposición”.  Carlos Calvelo, “embriagado na sua maioría absoluta”, explican os socialistas, sube significativamente as contías das 10 dedicacións exclusivas do goberno así coma as dos 7 asesores do PP.

“No concello de Arteixo cóbrase máis por asistencia a unha xunta de goberno local, destinado aos 4 concelleiros sen dedicación exclusiva, que por asistencia ao  Pleno” sinala Boedo, e explica que Arteixo é un dos poucos concellos en Galicia donde as mesas de contratación teñen representación política, para que os concelleiros sen dedicación exclusiva do goberno cobren 200 euros por asistencia.

Tamén engaden que se aumentan as delegacións do pleno á xunta de goberno local, deixando así os plenos diezmados de temas “para tratar de evitar o labor de fiscalización da oposición”.

PUNTO 5 e  8 DO PLENO - PERSOAL DE CONFIANZA e DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS       

O grupo municipal socialista explica que na reunión da Xunta de Portavoces lle transmitiron ao alcalde que debera aceptar que os grupos políticos da oposición participasen nos instrumentos democráticos que a administración pon a disposición dos grupos para poder realizar o seu traballo de fiscalización ao goberno, “dispoñendo da parte proporcional da nosa representación no concello para as dedicacións exclusivas ou parciais e de persoal de confianza”,  e non repetir o sucedido neste último mandato de 2019 a 2023 no que só o Partido Popular tiña 10 dedicacións exclusivas e 7 asesores, o máximo permitido por lei para concellos como Arteixo. 

“A nosa proposta foi un reparto proporcional á representación de cada grupo no concello” sinalan os socialistas. Nese reparto proporcional correspondente ao seu 20% de representación no pleno, o grupo municipal socialista optaría a dúas dedicacións exclusivas e o nomeamento dun asesor. Ademáis engaden que puxeron a disposición do alcalde unha sentenza do TSX de Castela León para o concello de Ponferrada que ditamina que os partidos da oposición teñen dereito a eses nomeamentos na  proporcionalidade á súa representación.

O grupo municipal socialista de Arteixo tamén advirte que recurrirá a decisión do grupo popular de deixar sen dedicacións e persoal de confianza á oposición do concello de Arteixo e que están dispostos a levalo a contencioso porque “coartar os dereitos constitucionais á oposición pode ser motivo de delito penal” según indica o artigo 542 do código penal. Un delito que  poder conlevar  a inhabilitación para o exercicio de cargo público de 1 a 4 años.

Para os socialistas de Arteixo “unha vez máis Carlos Calvelo incumpre a súa palabra. No pleno de investidura prometía diálogo e traballo conxunto coa oposición, pero as súas primeiras decisións demostran o contrario” e  inciden en que “xa advertimos que tiñamos a obriga de ser a voz da conciencia do goberno popular para evitar que o alcalde confunda maioría absoluta con absolutismo. Iso é o que xa estamos a facer desde o primeiro día”

Anterior
Anterior

O PSOE de Arteixo presenta unha moción para rexeitar a censura no mundo da cultura

Siguiente
Siguiente

O novo grupo municipal socialista de Arteixo pídelle a Carlos Calvelo que non confunda maiorías absolutas con absolutismo