O PSdeG-PSOE pedirá no próximo Pleno Ordinario do Concello de Arteixo que se amplíe o prazo das facturas necesarias para xustificar o importe da axuda para Comedores Escolares, iniciando o período cando se publicou a nova ordenanza.
Martín Seco: “Pedimos que se amplíe o prazo das facturas que teñen que presentar os veciños que teñen dereito a axuda para comedores escolares, iniciando o período na data de publicación da ordenanza, xa que os solicitantes non sabían que tiñan que xustificar deste xeito ata dita publicación e en moitos casos non quedaron con copia da facturas gastadas anteriormente”
Coa
modificación na Ordenanza de Axudas para comedores escolares, ningún dos
representantes da corporación municipal advertimos que os demandantes de dita
axuda, eran descoñecedores de que tiñan que gardar as facturas dos gastos
realizados co fin de alimentar aos seus fillos, polo que o período dende a
publicación ata o límite para recopilar facturas, quedou moi reducido e
dificulta que moitas familias necesitadas de dita axuda, podan ter a totalidade
das cantidades a xustificar ás que ten dereito.
Dende
o Grupo Municipal Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP, modificar
dita ordenanza para axudar as familias a recopilar ditas facturas, adaptando o
prazo, dende a publicación oficial da nova ordenanza. Para elo presentaremos no
próximo Pleno Ordinario unha iniciativa neste senso, xa que o prioritario neste
momento de crise sanitaria, económica e social derivada da epidemia do coronavirus,
é non deixar desatendida a ningún rapaz do noso concello.