Carlos Calvelo liquida en 5 meses, 19 millóns de euros, o 80% do aforro do Concello de Arteixo.


Martín Seco: “O goberno local de Arteixo, pretende liquidar 19 dos 23 millóns de euros de remanente do concello no primeiro semestre de 2020, cunha crise sanitaria,  económica e social e deixando a capacidade de reacción baixo mínimos en caso de ter que actuar novamente para axudar aos nosos veciños”   


Dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP, que renuncie a aprobar o suplemento de crédito que ten previsto para o pleno do vindeiro xoves, por un valor de case 6 millóns de euros, en actuacións que nada teñen que ver coa crise do coronavirus, con gastos, na súa meirande parte, que poderían esperar ata a elaboración do novo orzamento a finais de ano. Gastos en asfaltados, combustible, proxectos técnicos e obras que non son urxentes para o noso concello.

Os socialistas cremos que o Concello debera utilizar a súa pouca capacidade de xestión en actuar sobre a crise do coronavirus e todas aquelas cuestións que redunden no beneficio da poboación e a nosa actividade económica e ademais non entendemos que agora se utilicen os mermados recursos da nosa plantel para outras cuestións que non sexa sacar adiante a multitude de contratos de obras e  servizos que seguen sen sacar adiante a día de hoxe, así como o pago de multitude axudas do ano 2019, que aínda están a esperar para cobrar, moitos colectivos e persoas individuais, que están pasando unha mala época por culpa da paralización da actividade económica derivada da epidemia que estamos a sufrir.

Xa son moitos os suplementos de crédito utilizados neste 2020, algúns completamente xustificables, como os derivados das liñas de subvencións a autónomos e as axudas sociais, pero outros moitos incomprensibles neste momento que non sabemos ata onde chegara a crise derivada do COVID19, cando compre facilitar máis liñas de axudas a actividade económica e se teremos que facer máis esforzos con outras actuacións económicas e sociais no futuro, o certo é que partíamos neste 2020 con 23 millóns de euros de remanente e pasaremos o ter 4 millóns a partir do xoves, se o PP segue na intención de   aprobar este novo suplemento de crédito.

Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE pedirá no próximo Pleno Ordinario do Concello de Arteixo que se amplíe o prazo das facturas necesarias para xustificar o importe da axuda para Comedores Escolares, iniciando o período cando se publicou a nova ordenanza.

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE solicita ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo que na nova liña de axudas a autónomos trate igual as actividades económicas con autónomos que teñen empregados por conta allea que ás actividades con autónomos asociados e compense con novas liñas a aqueles que xeran emprego e recibirán menos cantidade.