O Goberno do PP en Arteixo debe poñer os medios para garantir que a veciñanza non volva a sufrir o acontecido co incendio da planta de compostaxe do Rañal
Solicitaremos información sobre a situación da planificación urbanística e o control das
actividades levadas a cabo polo Concello de Arteixo antes, durante e despois da
incidencia; e sobre a comunicación pública efectuada sobre o suceso.
Fuente: El Diario de Pontevedra |
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentou esta
semana varias preguntas para que o goberno local do PP as responda no pleno do
próximo xoves 30.
Entre elas figuran preguntas, dirixidas ao
Concelleiro Delegado de Urbanismo, Alberto Castro, sobre a planificación
urbanística, como a paralizada elaboración do PXOM, 9 anos despois do inicio do
seu mandato, tamén para previr este tipo de emerxencias. Asemade pregúntalle se
considera unha boa decisión autorizar a apertura dunha planta de compostaxe
nunha ubicación tan próxima á principal zona deportiva e escolar de Arteixo.
Os socialistas aproveitan tamén para preguntar
cales foron as actuacións de control da planta levadas a cabo polo Concello
antes, durante e despois do incendio, e critican a falta de comunicación coa
cidadanía, preguntando cal foi o protocolo de comunicación utilizado.