O Goberno do PP en Arteixo segue sen dar solucións ao veciños de Montequeno despois de que o Grupo Municipal Socialista presentara un rogo pedíndolle medidas para garantila seguridade vial dos nosos veciños
Xa
fai máis dun mes que dende o Grupo Municipal Socialista presentamos
un rogo en sesión plenaria para esixirlle solucións ao Goberno
Local de Carlos Calvelo ante a situación de inseguridade viaria que
viven os veciños de Montepequeno, veciños que levan anos pedíndolle
aos seus gobernantes que tomen medidas pola circulación de vehículos
que se achegan ao seu posto de traballo no polígono de Sabón e
circulan a decenas por unha rúa que non está adaptada para o dobre
sentido, que non ten beirarrúas nin espazos para peóns e non ten
fórmulas para limitar a velocidade.
Dende
aquela a denuncia, nada mudou, os nosos mandatarios nin proxectan
solucións a medio prazo, nin actúan con premura para garantir a
seguridade, botamos de menos a un goberno que poña a disposición da
veciñanza ao corpo da policía local para que evite que os vehículos
circulen por unha rúa que non está preparada para absorber este
tráfico, pero dificilmente vai a poder darlle solucións, cando nin
tan sequera é capaz de garantir a normalidade de funcionamento deste
colectivo de traballadores públicos.
Despois
de esperar e non visualizar solucións, nin tan sequera algún tipo
de actuación para paliar este perigo, os socialistas
responsabilizamos ao PP de calquera desgraza que poida suceder nesta
rúa, algo que esperamos que non teña lugar.