O socialistas de Arteixo mellorarán as zonas verdes e cubrirán os parques infantís -Municipais #26M
Martín Seco considera
que os espazos de esparcimento interxeneracionais son
“garantía de calidade de vida”
“Pequenas actuacións
poden facer a vida máis fácil á veciñanza, como a cubrición dos parques
infantís”, asegura Martín Seco, candidato socialista á Alcaldía de Arteixo. A
proposta do PSdeG-PSOE non só é para as áreas de xogo, senón tamén se estende
aos parques biosaludables ou a pista polideportiva de Uxes.
Estas medida, explica
Seco, permitirá que as familias poidan desfrutar destas instalacións todo o ano.
“É importante adaptar os equipamentos ao lugar onde está e ás necesidades dos
usuarios e usuarias”.
Os socialistas
expoñen que en oito anos de Goberno do PP, “foron incapaces” de dotar aos
barrios de Arteixo de infraestruturas para a veciñanza. A formación indica que
queren dotar Candame, Figueiroa, A Catuxa, zona das repúblicas, a zona de
Pescanova, Alto de Arteixo de espazos de convivencia para nenos e maiores.