O PSdeG-PSOE propón transformar a avenida Arsenio Iglesias nun boulevard polo que “sexa agradable pasear”
+
Reorganizaríase o
tráfico para manter na avenida a circulación a 30km/h,
pero nun único sentido
Na zona crearíase un
aparcamento, con zona de autocaravanas,
e a primeira área canina do concello
Na
avenida Arsenio Iglesias concéntranse varios centros educativos, instalacións
deportivas, supermercados, o centro de formación, o centro tecnolóxico, etc. Todos
estes servizos fai que sexa unha vía moi frecuentada polas veciñas e veciños,
pero non resulta cómoda para andar. Para corrixir esta situación, os
socialistas de Arteixo propoñemos transformar a avenida nun boulevard polo que
“sexa agradable pasear”, ao tempo que se dota de novos servizos para a
veciñanza.
Cabe
destacar que non se prohibiría o tráfico na avenida, senón que se reorganizaría
a circulación, de tal xeito que Arsenio Iglesias pasaría a ser dun único sentido.
Manteríase a velocidade máxima de 30km/h e estableceríanse prazas de
aparcamento temporais para transporte escolar e de persoas con capacidades
diferentes.
Ampliaríanse
as zonas verdes, e para paliar o descenso de prazas de aparcamento, crearíase
un aparcadoiro na parcela que está en fronte ao instituto IES de Sabón, e que
na actualidade está sen uso. Esta área contaría ademais cunha zona exclusiva
para autocaravanas dada a proximidade coas praias.
Ademais,
no contorno deste aparcamento crearíase a primeira área canina do concello.
Unha zona para que os cans poidan estar soltos e na que se instalaría
equipamento agility. “Queremos
comezar por Arteixo e ir dotando as zonas urbanas deste tipo de áreas para as
mascotas”, explica Martín Seco, candidato do PSdG-PSOE á Alcaldía de Arteixo.
A
actuación complementaríase coa construción de beirarrúas arredor de toda a mazá
de servizos e continuaría en dirección a Ponte dos Brozos, pasando polas
parcelas adquiridas por Inditex, a de Obras e Protección Civil e a de Gundín.
“O
obxectivo que temos os socialistas é actuar nos núcleos urbanos do municipio
para que sexan contornos agradables para a veciñanza, cun aumento de zonas
verdes e espazos de esparexemento”, conclúe Seco.
pero nun único sentido
e a primeira área canina do concello