O PSdeG-PSOE comprométese a poñer un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas en unha rede de camiños seguros para escolares - Municipais
O
plan de mobilidade que os socialistas teñen para Arteixo abarca áreas como o transporte
público, accesibilidade e a seguridade peonil. O programa socialista inclúe
a posta en marcha dun programa de eliminación
de barreiras arquitectónicas e a eliminación
do estacionamento de camións nas
zonas urbanas, buscando aparcadoiros alternativos. Apuntan que a veciñanza
de núcleos como Meicende levan anos pedindo esta medida que permita mellorar a seguridade dos peóns. Nesta liña,
crearán máis sendas peonís nas
parroquias e apostan pola posta en marcha de camiños seguros para os escolares e o servizo de pedibús.
“É
necesario fomentar o transporte público para ter municipios máis sostibles e
para que haxa máis usuarios temos que ter un transporte que cubra as
necesidades da cidadanía”, expón Seco. Para elo, o PSdeG-PSOE quere negociar “unha
posible unificación do servizo de
transporte público” coa Coruña, ademais de rematar a rede de transporte
interparroquial.
Comprométense
a aprobar unha ordenanza de terrazas
que regule a ocupación do espazo público. “Queremos que unha persoa en cadeira
de rodas ou cun carriño de bebé podan pasar sen dificultade, ao tempo que
negociaremos cos hostaleiros para non prexudicalos. Hai que evitar os conflitos
e que todos se rexan polas mesmas normas, algo que o PP ten sido incapaz de
facer en oito anos de maioría absoluta”, apunta Martín Seco, candidato á
Alcaldía de Arteixo.