Martín Seco: “Queremos solucionar dunha vez os problemas da rúa Maizales e completar os desenvolvementos urbanísticos de Pastoriza e Vilarrodís - Municipais #26M
O PSdeG-PSOE de Arteixo márcase como obxectivo fundamental sacar adiante o plan xeral para planificar un crecemento ordenado do municipio que cumpra coas necesidades da veciñanza
O
obxectivo fundamental do PSdeG-PSOE de Arteixo en materia de urbanismo e sacar
adiante o plan xeral. Un documento
que permitirá planificar o crecemento do municipio e dar resposta as
necesidades da veciñanza. Pero antes, haberá que dar solución a problemas que
levan “anos afectando aos veciños e veciñas sen que o PP, con maioría absoluta
teña querido resolver”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.
“Queremos
solucionar dunha vez os problemas da rúa
Maizales”, en Vilarrodís, arranxar o muro de contención e garantir a
seguridade dos veciños. Nas actuacións urbanísticas propostas polos socialistas
atópanse tamén levar a cabo os desenvolvementos
urbanísticos en Pastoriza y Vilarrodís.
Os
socialistas de Arteixo queren impulsar o carril
para ciclistas, ademais de recuperar núcleos
tradicionais como Oseiro Aldea, Vilarrodís aldea, Ponge ou As Eiras, entre
outros. Outro dos proxectos que proxectarán será a construción dun cemiterio civil municipal.